domingo, 10 de octubre de 2010

IV Festival de Bandas de Música Vila da Guarda

O pasado día 11 de setembro celebrouse na Praza de San Bieito o “IV Festival de Bandas de Música Vila da Guarda” organizado pola Agrupación Musical de A Guarda, no que participaron como bandas invitadas a Banda Municipal de Música de Lousame e a Banda de Música de Chapela, ademais da nosa banda. O evento estivo presentado por Julia Sobrino, a quen agradecemos a súa valiosa colaboración. Sinalar que este ano a Agrupación Musical de A Guarda  non puido tocar baixo a batuta do seu director Víctor quen está lesionado debido a un accidente de circulación, polo que está temporalmente afastado do seu traballo. Desexámoslle unha rápida e total recuperación. O director foi nesta ocasión o profesor José Antonio Soutelo Muñoz - grazas J. Antonio pola túa axuda- .O festival foi presenciado por un numeroso público que gozou da música que ofreceron as distintas agrupacións e que se mantivo ata o final do evento apoiando en todo momento as bandas participantes.  O bo tempo tamén contribuíu a que unha vez máis o acto resultara un éxito..

As bandas interpretaron o seguinte programa:

BANDA MUNICIPAL DE MUSICA DE LOUSAME


1.    Coruña…………………………………………… Faustino del Río
2.    Retratos de España……………..………………. Teodoro Aparicio
3.    Virginia………………………………………….. Jacob de Haan
4.    Crego e poeta………………………………….. Prudencio Romo

Director: Fernando Froján Canle


BANDA DE MÚSICA DE CHAPELA


1.    El Soro…………….……………….………………………E. Ros
2.    Rapsodia Galega..(2º Mvto)………….…..…….……..Juan Montes
3.    Diógenes……………………………….…..………Jacob de Haan
4.    Noites de lúa na praia…...…….…Ernesto Campos e X.L. Represas
5.    Mozos do Penedo

Director: Severino Pedrosa Núñez


AGRUPACIÓN MUSICAL DE A GUARDA


1.    Agüero (pasodoble).............................................................J. Franco
2.    Riverien Cyclus................................................................A. Malando
3.    Les Miserables..........................................................C.M.Schonberg
4.    Saraldara  (muiñeira)................................................................J. Ces
5.    El tío Caniyitas...................................................................R. Dorado

Director: José Antonio Soutelo Muñoz



Ó finalizar as actuacións houbo un intercambio de agasallos entre as bandas e tamén o Sr. Alcalde e o Concelleiro de Cultura fixeron entrega duns agasallos ás bandas participantes.

Dende aquí queremos agradecer a colaboración do Concello da Guarda, da Deputación, da Federación Galega de Bandas de Música, de “La Caixa” e por suposto a de todos os establecementos, empresas e particulares que non dubidaron en apoiarnos e axudarnos economicamente e sen os que non sería posible a realización deste Festival.

Moitas grazas a todos, esperamos vernos de novo o vindeiro 2011.

No hay comentarios:

Publicar un comentario