domingo, 27 de agosto de 2023

XIV FESTIVAL DE BANDAS

Onte celebramos a XIV edición do Festival de Bandas no que estivemos acompañados pola Banda de Música Cultural de Barbadás. Queremos felicitalos pola súa gran actuación e agradecerlles que aceptaran a nosa invitación. Dentro de dúas semanas devolverémoslles a visita.

Como é habitual, antes do concerto as dúas bandas fixeron a súa entrada na praza despois dun pequeno pasacalle polas rúas da vila. Deseguido os compañeiros da Banda de Música Cultural de Barbadás abriron o concerto dirixidos por Celso Nieto Rodríguez, rematando coa actuación da Agrupación Musical de A Guarda con Víctor Alonso Treinta na dirección.

Como peche do festival as dúas bandas interpretaron unha peza conxuntamente dirixidos por Víctor.

O noso agradecemento aos establecementos comerciáis que nos prestaron a súa colaboración e a Almudena pola súa axuda. Moitas grazas tamén  ao Concello da Guarda e, por suposto, a todos e todas por compartir con nós esta edición do Festival de Bandas, por animarnos cos vosos aplausos e polo apoio recibido. Esperamos que vos gustase e pasárades unha boa tarde, vémonos na próxima!



Arriba unhas imaxes da Banda de Música Cultural de Barbadás facendo a súa presentación no Auditorio e San Benito. Abaixo, a Agrupación Musical de A Guarda durante á súa actuación.




  Colabora: Concello de A Guarda

miércoles, 16 de agosto de 2023

XIV FESTIVAL DE BANDAS DE MÚSICA "VILA DA GUARDA"

 Xa estamos listos para o próximo concerto. Nesta ocasión será o Festival de Bandas de Música "Vila da Guarda" que retomamos despóis de tres anos de interrupción por mor da pandemia. Será como sempre no Auditorio de San Benito, ainda que se chove ou está o tempo desapacible, celebrarémolo na Casa dos Alonso. Non faltedes!!

Coa colaboración do Concello da Guarda