martes, 6 de diciembre de 2011

CONCERTO SANTA CECILIA 2011


Como ven sendo habitual desde a fundación da banda,  Agrupación Musical de A Guarda organizou un concerto na Igrexa Parroquial de Santa María de A Guarda para celebrar a festividade de Santa Cecilia, nesta ocasión cun significado especial para nos por debutar a Banda Infantil. D. Jesús García Villadóniga foi unha vez máis o encargado de presentar o evento.
Cunha gran afluencia de público que enchía a igrexa, actuaron en primeiro lugar os grupos de cámara da Agrupación: 

-Dúos de frautaRaquel Martínez e Laura González e Laura González e Ángela Verde.

-Cuartetos de clarinete: Gemma Martínez, Cintia Lomba, Ana Castro e Alberto Alonso e Melissa David, Sara Márquez, Cristina Pou e Alberto Alonso.

-Grupo de metais:
Trompetas: Mª Rosario Conde,Víctor Alonso, Luciano Lomba e Pablo González.
Trompas: Rodrigo Lomba e Pablo Pou.
Trombóns: Fabián Lomba, Óscar Dorado e Pierre I. Meléndez.
Bombardinos: Iago Piñeiro e Brais Alonso.
Tuba: Óscar Arias.

-Grupo de percusión:  Julián Lomba, Mateo Álvarez, Enrique Alonso, Jorge Martínez, Adela Rial e Nuria Gómez

Seguidamente D. Jesús deu paso  á Banda Infantil. É este un grupo creado no verán, ó finalizar o curso escolar, para que os rapaces e rapazas interesados na música teñan a oportunidade de aprender a tocar en conxunto e nun futuro próximo poidan incorporarse á banda de música Agrupación Musical de A Guarda. Despois duns meses de ensaios chegou o momento de actuar por primeira vez en público. Algo nerviosos pero con moita ilusión os novos músicos acomodáronse nos seus postos para  interpretar tres pezas baixo a dirección de José Antonio Soutelo Muñoz: New World Symphony (Antonin Dvorak), Disney 's Magic Kingdom (J.Christensen) e My Way (Frank Sinatra),  recibindo fortes e merecidos aplausos dos presentes pola súa magnífica actuación. Os integrantes desta nova sección da nosa agrupación son:

Frautas:
Delia Alfonso Lomba,       
Alba Vicente Pereira
Andrea Fernández          
Candela Pérez   
Natalia Fernández Lomba            

Clarinetes:
María Sobrino Coello
Nerea Portela Riveiro
Samuel Loureiro Lomba
María González Rodríguez
Ana González Lorenzo
Antía Verde Urgal
Carla Vizoso Morales
Ignacio González Alonso
Andrea González Lorenzo

Saxofóns:
Nestor Lomba Lomba,    
Thomas Rodríguez Rodríguez

Trompetas:
Sabela González Rodríguez
Iván Fernández Simoes
Miguel Barbosa González
Dafne Piñeiro González
Daniel Portela
José Manuel Rodríguez González
Brais Verde Verde              
Aarón Fernández

Trombón:
Miguel Lomba

Percusión:
Mateo Álvarez Pérez

Parabéns. Desde aquí queremos felicitalos polo seu estreo e animalos a que continúen co seu traballo e desexámoslles moito éxito na súa nova andaina musical.
Ó remate da súa actuación procedeuse á entrega do pin da Agrupación Musical de A Guarda, a aqueles compoñentes da Banda Infantil que desde ese momento pasan  a integrarse na Banda Xuvenil. É este un acto simbólico  que se repite cada vez que un novo músico entra na  banda  dos maiores.  Varios dos músicos máis veteranos encargáronse de poñer a insignia os seus novos compañeiros dándolles así a benvida á Banda e convidándoos a ocupar o seu lugar no grupo. Os novos compoñentes son: 

-DELIA ALFONSO LOMBA…………………….……..…...FLAUTA.
-NEREA PORTELA RIVEIRO………………………..…CLARINETE.
-MARIA SOBRINO COELLO…………………………..CLARINETE.
-MARIA GONZALEZ RODRIGUEZ…………....……….CLARINETE.
-ANTIA VERDE URGAL………………………...………CLARINETE.
-ANA GONZALEZ LORENZO………………...………..CLARINETE.
-NESTOR LOMBA LOMBA…………………........SAXOFON ALTO.
-SABELA GONZALEZ RODRIGUEZ………...…………TROMPETA.
-MIGUEL LOMBA LOMBA……………….....……….….TROMBON.

Benvidos a Agrupación Musical de A Guarda.

Para rematar este concerto a Banda xa cos novos compoñentes,  interpretou cinco temas baixo a batuta de Víctor Alonso Treinta:  Suspiros de España (Pasodoble)  de Antonio Álvarez Alonso, West Side Story (Musical)de Leonard Brnestein,  Pomba triste (Bossa nova) de Kees Vlak, Encuentros (Pasodoble), de José Rafael Pascual Vilaplana  e   Tico-Tico no fubá (Samba) de Zequinha Abreu (Arranxos: Naohiro Iwai). O novo repertorio presentado foi moi ben acollido polo público que os premiou con fortes aplausos.
 

Desde estas liñas, queremos agradecer a D. Jesús a súa inestimable colaboración por permitirnos unha vez máis o uso da Igrexa Parroquial para a celebración deste acto e por acceder a presentalo. En nome da Agrupación Musical de A Guarda, moitas grazas.
E por suposto, o noso agradecemento tamén a todos aqueles que con imaxes, artigos ou páxinas web contribúen a dar a coñecer á nosa Banda.

martes, 22 de noviembre de 2011

CONCERTO DE SANTA CECILIA

PRIMEIRO DISCO DA AGRUPACIÓN MUSICAL DA GUARDA



Acaba de sair o primeiro CD da Agrupación Musical de A Guarda, un gran traballo realizado pola nosa banda e que merece a pena escoitar. O disco aparece no mercado coincidindo co décimo aniversario da fundación da nosa agrupación, aínda que a presentación oficial da banda foi no ano 2005. A gravación foi realizada no Auditorio Municipal de Goián o pasado mes de agosto baixo a dirección de Víctor Alonso Treinta e contén un variado repertorio entre o que se poden escoitar pezas como "La Primitiva" de Jef Penders, "Virginia" de Jacob de Haan, "Amapola" de José Mª Lacalle (arreglos de Nahomiro Inai), "Muiñeira dos Pendellos" de X. Lois Diéguez, etc... 

 

 Colaboren coa Banda mercando este CD no local da Agrupación ou nos establecementos colaboradores.

martes, 20 de septiembre de 2011

ACTIVIDADES 2010

VIAXE A LOUSAME:

           Como en anos anteriores o pasado verán a Agrupación Musical de A Guarda realizou unha viaxe de intercambio, nesta ocasión coa Banda Municipal de Lousame (A Coruña). A nosa banda partiu o sábado 31 de xullo ás 8 da mañá do local de ensaios para facer unha parada na Proba do Caramiñal. Durante o día visitaron tamén  as dunas de Corrubedo e a praia do Vilar para, a continuación, coñecer o Castro de Baroña en Porto do Son. A última hora da tarde chegaron a Noia onde foron recibidos polo Director e algúns músicos da Banda de Lousame.

                                 Compoñentes da Agrupación en Noia

                      
                      O domingo dia 1 de agosto pola mañá tiveron ocasión de visitar  o casco histórico de Noia.     Despois de comer saíron  cara a Lousame para participar no Festival de Bandas de Música de Lousame onde compartiron escenario coa banda anfitrioa e coa Banda de Musica Municipal de Vilalba (Lugo).  


                     Ao remate do festival que se realizou a carón do concello de Lousame, procedeuse á entrega de agasallos por parte das bandas participantes e representantes do Concello de Lousame e como broche final á convivencia musical coa Banda de Musica Municipal de Lousame os nosos músicos acudiron a unha cea  invitados polos nosos anfitrións, saíndo cara a Guarda ó remate da mesma.

                                A Banda durante a súa actuación en Lousame


NOVA SECCIÓN INFANTIL


A Agrupación Musical de A Guarda ten unha sección infantil á que poden acudir todos aqueles rapaces e rapazas que o desexen, para aprender a tocar en conxunto. Poden vir a probar durante dous meses sen compromiso e máis adiante formar parte da Banda se o desexan. Para máis información poden poñerse en contacto con nós no seguinte enderezo:
agrupacionmusicaldaguarda@hotmail.com
 

lunes, 19 de septiembre de 2011

V FESTIVAL DE BANDAS DE MÚSICA "VILA DA GUARDA"

                                Agrupación Musical de A Guarda                    * Fotografía de Lalo Rodríguez

O 27 de agosto tivo lugar na Praza de San Bieito o “V Festival de Bandas de Música Vila da Guarda” organizado pola Agrupación Musical de A Guarda. Este ano participaron como bandas invitadas a Banda  de Música "Unión Musical de Coruxo" e a Banda de Música do Concello de Barbadás;  en último lugar actuou a Agrupación Musical da Guarda. O bo tempo contribuíu a que unha boa cantidade de público se mantivera nas gradas ata ó final do evento apoiando ás distintas formacións musicais.  O evento estivo presentado nesta ocasión por Elena Baz (Xamaraina), a quen agradecemos a súa colaboración.

O programa foi o seguinte:

UNIÓN MUSICAL DE CORUXO:


1 - Orpheo en los Infiernos...............................J. Offenbach
2 - Concerto d’amore....................................Jacob de Haan
3 – El diablo de madera.....................................Harm Evers
4 – Certámen Levantino...........................Pascual Marquina

DIRECTOR: Francisco Abal Rosales

BANDA DE MÚSICA DO CONCELLO DE BARBADÁS:


1 - Cultura....................................................Pérez Outeiriño
2 – Poeta y aldeano..........................................F. von Suppé
3 – A lenda de Montelongo.........................Bernardo del Río
4 – Tom Jones in concert.....................Arr. Frank Bernaerts
5 – Muiñeira dos Pendellos......................Juan Lois Diéguez

DIRECTOR: José Manuel Dopazo Grande

AGRUPACIÓN MUSICAL DE A GUARDA:

1 – La Primitiva (pasodoble)...............................Jef Penders
2 – Virginia....................................................Jacob de Haan
3 – Amapola....................................................J. Mª  la Calle
                                                                   Arr. Naohiro Inai
4 – Caravan.....................................Duke Ellington/ J. Tizol
                                                                   Arr. Naohiro Inai

5 – SanLorenzo de Muimenta.........................X. L. Represas



DIRECTOR: Víctor Luís Alonso Treinta

Ó remate da actuación da banda local houbo procedeuse á entrega duns agasallos ás bandas por parte da organización e do Concelleiro de Cultura.  Seguidamente sorteouse un lote de produtos entre o público asistente e como broche final ás tres bandas interpretaron unhas pezas en conxunto.

Agradecemos a colaboración do Concello da Guarda, da Deputación, da Federación Galega de Bandas de Música, de “La Caixa” e a de todos os establecementos, empresas e particulares que  nos axudaron economicamente, xa que sen eles non sería posible a realización deste Festival.

Moitas grazas a todos e ata o ano que ven.
         Os tres directores ó remate da actuación


domingo, 6 de febrero de 2011

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA 2011

A Xunta Directiva da Agrupación Musical da Guarda convoca aos seus socios e socias á Asemblea Xeral Ordinaria, que terá a seguinte orde do día:

    - 1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior

    - 2. Estado de contas a 31/12/10 

    - 3. Actividades previstas para o ano 2011 

    - 4. Novos socios

     - 5. Renovación parcial da Xunta Directiva

     - 6. Rogos e preguntas

Lugar: local de ensaios da Banda 

Data: o día 19 de febreiro de 2011 

Hora: ás 19:00 horas en primeira convocatoria e as 19:30 en segunda convocatoria