lunes, 21 de mayo de 2012

CONCERTO DE PRIMAVERA 2012


Unha boa cantidade de público congregouse o pasado sábado día 19 nas instalacións do Colexio dos PP Somascos para presenciar a actuación da nova Banda Infantil da Agrupación Musical de A Guarda. Os rapaces e rapazas que forman este grupo, un pouco nerviosos por ser aínda a súa segunda aparición en público, ofreceron ós presentes un variado repertorio para deleite dos alí reunidos. Esta banda formada o pasado verán e dirixida polo profesor J. Antonio Soutelo Muñoz demostrou os seus progresos, acadados en tan pouco tempo grazas ó esforzo e dedicación tanto dos  seus compoñentes como do bo facer do seu Director.

Felicitacións dos vosos compañeiros da Agrupación Musical de A Guarda e da Xunta Directiva. Ánimo e seguide así.

Banda Infaltil da Agrupación Musical de A Guarda





 
                Ó remate desta actuación tomou o relevo a Agrupación Musical da Guarda que baixo a batuta de Víctor Luís Alonso Treinta interpretaron varios temas do seu novo repertorio. Esta banda actuará o vindeiro domingo día 27 de maio no IV Festival de bandas de Coruxo en Vigo, devolvendo a visita que a Unión Musical de Coruxo nos fixo o pasado ano no “V Festival de Bandas Vila da Guarda”.

Agrupación Musical de A Guarda


                O noso agradecemento ós PP Somascos por prestarnos as súas instalacións e por estar sempre dispostos a colaborar coa banda. Moitas grazas.