martes, 20 de septiembre de 2011

ACTIVIDADES 2010

VIAXE A LOUSAME:

           Como en anos anteriores o pasado verán a Agrupación Musical de A Guarda realizou unha viaxe de intercambio, nesta ocasión coa Banda Municipal de Lousame (A Coruña). A nosa banda partiu o sábado 31 de xullo ás 8 da mañá do local de ensaios para facer unha parada na Proba do Caramiñal. Durante o día visitaron tamén  as dunas de Corrubedo e a praia do Vilar para, a continuación, coñecer o Castro de Baroña en Porto do Son. A última hora da tarde chegaron a Noia onde foron recibidos polo Director e algúns músicos da Banda de Lousame.

                                 Compoñentes da Agrupación en Noia

                      
                      O domingo dia 1 de agosto pola mañá tiveron ocasión de visitar  o casco histórico de Noia.     Despois de comer saíron  cara a Lousame para participar no Festival de Bandas de Música de Lousame onde compartiron escenario coa banda anfitrioa e coa Banda de Musica Municipal de Vilalba (Lugo).  


                     Ao remate do festival que se realizou a carón do concello de Lousame, procedeuse á entrega de agasallos por parte das bandas participantes e representantes do Concello de Lousame e como broche final á convivencia musical coa Banda de Musica Municipal de Lousame os nosos músicos acudiron a unha cea  invitados polos nosos anfitrións, saíndo cara a Guarda ó remate da mesma.

                                A Banda durante a súa actuación en Lousame


NOVA SECCIÓN INFANTIL


A Agrupación Musical de A Guarda ten unha sección infantil á que poden acudir todos aqueles rapaces e rapazas que o desexen, para aprender a tocar en conxunto. Poden vir a probar durante dous meses sen compromiso e máis adiante formar parte da Banda se o desexan. Para máis información poden poñerse en contacto con nós no seguinte enderezo:
agrupacionmusicaldaguarda@hotmail.com
 

lunes, 19 de septiembre de 2011

V FESTIVAL DE BANDAS DE MÚSICA "VILA DA GUARDA"

                                Agrupación Musical de A Guarda                    * Fotografía de Lalo Rodríguez

O 27 de agosto tivo lugar na Praza de San Bieito o “V Festival de Bandas de Música Vila da Guarda” organizado pola Agrupación Musical de A Guarda. Este ano participaron como bandas invitadas a Banda  de Música "Unión Musical de Coruxo" e a Banda de Música do Concello de Barbadás;  en último lugar actuou a Agrupación Musical da Guarda. O bo tempo contribuíu a que unha boa cantidade de público se mantivera nas gradas ata ó final do evento apoiando ás distintas formacións musicais.  O evento estivo presentado nesta ocasión por Elena Baz (Xamaraina), a quen agradecemos a súa colaboración.

O programa foi o seguinte:

UNIÓN MUSICAL DE CORUXO:


1 - Orpheo en los Infiernos...............................J. Offenbach
2 - Concerto d’amore....................................Jacob de Haan
3 – El diablo de madera.....................................Harm Evers
4 – Certámen Levantino...........................Pascual Marquina

DIRECTOR: Francisco Abal Rosales

BANDA DE MÚSICA DO CONCELLO DE BARBADÁS:


1 - Cultura....................................................Pérez Outeiriño
2 – Poeta y aldeano..........................................F. von Suppé
3 – A lenda de Montelongo.........................Bernardo del Río
4 – Tom Jones in concert.....................Arr. Frank Bernaerts
5 – Muiñeira dos Pendellos......................Juan Lois Diéguez

DIRECTOR: José Manuel Dopazo Grande

AGRUPACIÓN MUSICAL DE A GUARDA:

1 – La Primitiva (pasodoble)...............................Jef Penders
2 – Virginia....................................................Jacob de Haan
3 – Amapola....................................................J. Mª  la Calle
                                                                   Arr. Naohiro Inai
4 – Caravan.....................................Duke Ellington/ J. Tizol
                                                                   Arr. Naohiro Inai

5 – SanLorenzo de Muimenta.........................X. L. Represas



DIRECTOR: Víctor Luís Alonso Treinta

Ó remate da actuación da banda local houbo procedeuse á entrega duns agasallos ás bandas por parte da organización e do Concelleiro de Cultura.  Seguidamente sorteouse un lote de produtos entre o público asistente e como broche final ás tres bandas interpretaron unhas pezas en conxunto.

Agradecemos a colaboración do Concello da Guarda, da Deputación, da Federación Galega de Bandas de Música, de “La Caixa” e a de todos os establecementos, empresas e particulares que  nos axudaron economicamente, xa que sen eles non sería posible a realización deste Festival.

Moitas grazas a todos e ata o ano que ven.
         Os tres directores ó remate da actuación