lunes, 29 de abril de 2019

CONCERTO DE PRIMAVERA 2019


O sábado día 27 celebramos o Concerto de Primavera no que contamos coa participación do Coro do Conservatorio de A Guarda. Comezou cara ás 20:00 horas no baixo da Casa dos Alonso, edificio que alberga ao Concello dende hai uns meses.

Antes de comezar gardouse un minuto de silencio en lembranza do noso querido compañeiro Castelar Piedra, recentemente falecido e de seguido, a banda que foi a primeira en actuar ofreceu varios temas  dirixidos por Víctor. Logo dun pequeno descanso para preparar o escenario, entraron os rapaces e rapazas do coro que fixeron unha magnífica actuación dirixidos polo seu profesor Bruno.  Felicidades a todos estes nenos e nenas, moitas grazas por compartir con nos este concerto.

Por suposto felicitamos tamén aos compoñentes da Agrupación Musical de A Guarda e a Víctor polo traballo realizado e agradecémoslles a todos o esforzo que tiveron que facer para poder asistir aos ensaios durante as semanas previas ao concerto. Agora, a seguir traballando para as próximas actuacións que están á volta da esquina.

Moitas grazas a todos por asistir, esperamos que vos gustara. Vémonos pronto.

Aquí tedes unhas imaxes do noso archivo e un enlace para ver as de Lalo Rodríguez:








III MOSTRA ASOCIATIVA




lunes, 15 de abril de 2019

CASTELAR PIEDRA



Hoxe deixounos unha gran persoa e un compañeiro que nos inicios da banda foi un excelente exemplo para as novas xeracións de músicos da Agrupación Musical de A Guarda. Unha persoa comprometida e gran apaixonado da música. Hoxe é un día triste para todos nos. Faleceu en Valladolid onde viviu durante máis de cincuenta anos, pero sempre que podía voltaba á súa terra, na cal sempre lembraba os seus inicios na Banda de Tabagón e a súa infancia como fillo do director da banda, ata a súa desaparición na década dos 60. 
Moi querido e respectado por todos os rapaces e rapazas da nosa banda, que tiveron a sorte de telo como compañeiro e de aprender del.Todos sentimos unha gran tristeza porque hoxe nos deixou un gran home, Castelar Piedra Pérez. D.E.P. compañeiro.
As nosas condolencias a súa familia, sempre estará no noso recordo.

 


 

jueves, 11 de abril de 2019

CONCERTO DE PRIMAVERA

Comezamos coa nova temporada!. Aquí vos deixamos o cartel do Concerto de Primavera deste ano, no que ademais da banda, actuarán como convidados os rapaces e rapazas do Coro Infantil do Conservatorio, seguro que vos encantarán.