lunes, 29 de agosto de 2016

X FESTIVAL DE BANDAS DE MÚSICA



O  pasado 27 de agosto celebramos a X edición do noso festival de bandas na Praza de San Bieito. Acompañados dunha boa cantidade de público e do bo tempo, ás 20:00 h fixeron a entrada na praza ás tres bandas participantes que desfilaron polo paseo do porto recibindo os aplausos do público ó seu paso. Xa no auditorio, Julia Sobrino encargouse de presentalos. 


A Banda de Música de Salvaterra no Paseo do Porto

Banda de Música "Airiños do Morrazo" de Moaña


A Agrupación Musical da Guarda desfilando cara á Praza de San Bieito

A primeira banda en actuar foi a de Salvaterra baixo a dirección de Diego Gregores Muñoz. É esta unha banda moi nova, pois formouse no ano 2007 aínda que polo ben que o fixeron parece que leven moitos máis. Parabéns! Seguidamente chegou a quenda dos de Moaña que interpretaron un variado repertorio dirixidos por David Pérez Trigo. As nosas felicitacións a estes rapaces e rapazas pola súa magnífica actuación. O concerto pechouse coa actuación da Agrupación Musical de A Guarda, dirixida como sempre por Víctor Alonso Treinta. Bo traballo rapaces! Pero antes de rematar procedeuse á entrega dun agasallo ás bandas convidadas como recordo pola súa participación neste festival. Recibiron tamén un detalle do concello que foi entregado por Elena Baz, concelleira de Cultura. Seguidamente procedemos ó sorteo dunha cesta de produtos entre o público asistente. O agraciado foi un dos acompañantes da banda de Salvaterra, que recibiu o seu premio de mans dos nosos compañeiros da directiva. Para pechar este festival a Agrupación tocou un último tema como despedida.


A Banda de Salvaterra durante a súa actuación
Momento da actuación de "Airiños do Morrazo" (Moaña)


A Agrupación Musical de A Guarda pechando o concerto

Entrega de agasallos

Queremos agradecer a asistencia do público que como sempre entregouse animando cos seus aplausos ás bandas participantes, e pedimos desculpas polos fallos ou retrasos que puidera haber. Grazas por estar aí un ano máis.

O noso agradecemento  a todos aqueles establecementos e particulares que colaboraron con nós para facer posible esta nova edición do festival de bandas. Grazas tamén o Concello da Guarda e a Concellería de Cultura. Esperamos vernos nunha nova edición. Ata a próxima.

jueves, 4 de agosto de 2016

A AGRUPACIÓN XA VOLVEU DA SÚA VIAXE



O pasado sábado 30 de xullo desprazámonos ata Ribadeo para participar no festival de bandas organizado pola banda desa localidade, devolvendo así a visita que nos fixera o ano pasado. Por mor da choiva o concerto celebrouse no auditorio municipal de Ribadeo coa actuación da Banda de Música de As Pontes (A Coruña), a Agrupación Musical de A Guarda e a Banda Municipal de Ribadeo.
O día seguinte continuamos a nosa viaxe ata Pola de Laviana (Asturias) donde actuamos no X Festival Nacional de Bandas de Laviana, xunto coas bandas de Infiesto e Pola de Laviana. Esta última estivera na nosa vila hai tan só dúas semanas, coincidindo coa celebración das festas da Virxe do Carme.
Una vez rematadas as actuacións fixemos un pequeno percorrido pola comunidade asturiana visitando lugares tan interesantes como o Auditorio Palacio de Congresos Príncipe Felipe e o casco histórico da cidade de Oviedo, o Museo del Jurásico de Asturias (Colunga) ou o Museo de la Minería y la Industria (El Entrego).


A Agrupación no Auditorio Municipal de Ribadeo






Banda de Música de Laviana no X Festival Nacional

A Agrupación Musical de A Guarda en Pola de Laviana






A banda en Lugo


Na entrada do Museo de la Minería y la Industria


No Auditorio Príncipe Felipe de Oviedo


Esta actividade foi patrocinada por: