viernes, 30 de diciembre de 2022

CONCERTO "VENTOS DE NADAL"

 

Grazas a todos e todas os que vos achegastes ata o Centro Cultural para asistir ao noso concerto “Ventos de Nadal”. Esperamos que pasarades un rato agradable con nós. En breve comezaremos a traballar no seguinte concerto. Ata a próxima e Feliz 2023!!.



 

jueves, 22 de diciembre de 2022

lunes, 19 de diciembre de 2022

sábado, 10 de diciembre de 2022

O pasado día 8 actuou o noso cuarteto de clarinetes con motivo do acendido das luces de Nadal en Camposancos. Esperamos que vos gustara o concerto, foi un pracer volver a Casa da Comunidade de Montes. Moitas grazas por contar con nós.


 

miércoles, 7 de diciembre de 2022

CONCERTO SANTA CECILIA

 

O sábado día 3 celebramos o noso concerto de Santa Icía e pasamos moi boa tarde con todos os que vos achegástedes a gozar da música con nós. Esperamos que o desfrutarades tanto coma nos!
Actuaron o Grupo de Iniciación e a Banda de Música da Agrupación Musical de A Guarda. Durante o concerto entregouse a insignia da Agrupación Musical de A Guarda á nova trombonista Irene Verde. Benvida!!
 
O noso agradecemento ao párroco D. Juan pola súa colaboración, e a todas e todos os músicos que fixeron un esforzo por non faltar a cita a pesares das dificultades.
 
Podedes ver algunhas imaxes do concerto no Facebook de Pozaslalo fotografías:

 A próxima actuación será o 29 de decembro no Centro Cultural e estará a cargo do Cuarteto de Clarinetes e do Grupo de Metais da nosa agrupación.

 

                                                Colabora:  

sábado, 12 de noviembre de 2022

CONCERTO SANTA ICÍA 2022

 Vémonos pronto cun novo concerto. Esperámosvos!



domingo, 4 de septiembre de 2022

FESTAS DA VIRXE DA GUÍA

Hoxe estivemos nas Festas da Virxe da Guía animando ás rúas de Ribadavila e acompañando á procesión. Moitas grazas á comisión de festas por contar con nós un ano máis.






                                        

domingo, 28 de agosto de 2022

CONCERTO DE VERÁN

 Esperamos que gozarais do noso concerto de onte. Moitas grazas a todos e todas por asistir, foi un pracer desfrutar da vosa compañia. Vémonos pronto!





 

miércoles, 17 de agosto de 2022

CONCERTO DE VERÁN

Vémonos de novo a vindeira semana na Praza de San Benito. Esperámosvos!!



sábado, 30 de julio de 2022

CONCERTO SECCIONAL

Foi un pracer tocar onte na Casa da Comunidade de Montes de Camposancos acompañados dun público marabilloso que gozou da música do noso cuarteto de clarinetes e do grupo de metais. Moitas grazas por pasar a tarde con nós e moi agradecidos á directiva da Com. Montes de Camposancos que nos fixeron sentir como na casa. Unha aperta!




                                               

martes, 19 de julio de 2022

domingo, 17 de julio de 2022

FESTAS DA VIRXE DO CARME

Onte estivemos nas Festas da Virxe do Carme, animando ás rúas e acompañando á procesión. O noso agradecemento á comisión de festas por contar con nós un ano máis.


martes, 21 de junio de 2022

PROCESIÓN CORPUS 2022

Finalmente o tempo deu un respiro e as alfombras encheron de cor as rúas, grazas ao incansable traballo das alfombristas. E como sempre os nosos músicos pecharon a procesión de Corpus que este ano foi en horario de tarde.

 





domingo, 15 de mayo de 2022

CONCERTO DAS LETRAS GALEGAS

Comeza a tempada. Con motivo da celebración das Letras Galegas, hoxe compartimos a tarde cos veciños e veciñas de Camposancos nun concerto de temática galega. Moitas grazas polos vosos aplausos, foi un pracer estar con vós. Ata a próxima.