domingo, 28 de julio de 2019

CONCERTO NA FESTA DO PEIXE ESPADA


Deixámosvos unhas imaxes do noso concerto de hoxe na Festa do Peixe Espada. Queremos darvos as grazas a todos polos vosos aplausos e a vosa compañía. É un pracer tocar para un público tan agarimoso. Pronto nos veremos de novo na vindeira edición do Festival de Bandas, na Praza de San Bieito. 




  






domingo, 14 de julio de 2019

CONCERTO CON MARÍA DO CEO

Que vos pareceu o concerto do pasado venres con María do Ceo? Nos estamos moi contentos co resultado, e sobre todo por contar coa compañía desta grandísima artista que nos deleitou a todos coa súa fermosa voz. Queremos agradecerlle que compartira con nós esta noite tan especial e sobre todo, o seu cariño e a súa amabilidade con todos e todas. Un bico moi forte María!

Moitas grazas a todas e todos os que vos achegastes ata o Porto para escoitarnos. Esperamos que desfrutarades do concerto! Ata a próxima!
Deixámosvos tamén unhas imaxes e o enlace de  Lalo Rodríguez  para que podades ver máis.
Grazas Lalo polas túas fotos, preciosas como sempre.





sábado, 6 de julio de 2019

ACTUACIÓN NO XIV ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS

 O vindeiro venres día 12 teremos o pracer de compartir escenario coa fadista María do Ceo, que cantará coa Agrupación Musical de A Guarda. Esta será a nosa próxima actuación, dentro da progrramación do XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que terá lugar do 11 ao 14 de xullo no Porto da Guarda. Non volo perdades!! 
Haberá moitas máis actuacións durante o Encontro, catro días para desfrutar a tope da boa música e de todas as actividades que se levarán a cabo, como talleres e exposicións, ademais de ver e coñecer de primeira man unha morea de embarcacións tradicionais que estarán fondeadas no porto. Un acontecemento irrepetible.