domingo, 18 de noviembre de 2012

CONCERTO DE SANTA CECILIA


CONCERTO DE FIN DE VERÁN

Gran actuación a da Banda Infantil onte pola tarde no colexio dos PP Somascos. Os rapaces e rapazas desta sección da Agrupación Musical de A Guarda demostraron ante o público congregado para a ocasión que aproveitaron o tempo durante o verán nos ensaios aos que asistiron regularmente co seu director J. Antonio Soutelo e todos os presentes puidemos comprobar os progresos desta nova e xovencísima formación musical na que os seus compoñentes non pasan dos 14 anos. Ofreceron un amplo repertorio no que incluíron incluso un pasodobre, conseguindo unha gran ovación  e a petición doutra peza ó remate do concerto.



 A banda formada por 25 nenos e nenas, comezará deseguido a prepararse para o tradicional Concerto de Santa Cecilia no que volverán a actuar xunto cos seus compañeiros da Agrupación Musical de A Guarda. Felicidades e ánimo, seguide así.

  
 


















Aproveitamos para lembrarlles que esta agrupación está aberta a todos aqueles rapaces  e rapazas ós que lles guste a música e estean aprendendo a tocar un instrumento de vento-madeira, vento-metal ou percusión. Ademais de facer novos amigos aprenderán a tocar en conxunto e poderán practicar o aprendido no Conservatorio. Durante o inverno os ensaios serán os sábados pola mañá no local da banda. Os interesados poden poñerse en contacto coa directiva ou co director (os números e enderezo de contacto están nesta mesma páxina). Ah! e teñen dous meses para probar, de balde e sen compromiso.