domingo, 25 de agosto de 2019

XIII FESTIVAL DE BANDAS


Onte celebramos a XIII edición do Festival de Bandas, no que participaron xunto coa nosa banda, a Agrupación Musical do Rosal e a Unión Musical de Allariz. Como é habitual, antes de dar comezo o concerto as tres bandas fixeron a súa entrada na praza despois dun pequeno percorrido polas rúas da vila. Deseguido os compañeiros da Agrupación Musical do Rosal abriron o concerto coa súa actuación dirixidos por Javier Alonso Pérez, continuando coa banda de Allariz baixo a dirección de José Manuel Vega Real. A Agrupación Musical de A Guarda foi a última en actuar, con Víctor Alonso Treinta. Felicitamos ás  tres formacións pola súa gran actuación e agradecemos aos amigos do Rosal e de Allariz que se desprazaran ata a nosa vila para compartir esta tarde con nós. 



Agrupación Musical do Rosal

Unión Musical de Allariz

Agrupación Musical de A Guarda

Para rematar o festival as tres bandas interpretaron unha peza conxuntamente dirixidos por Víctor, pero antes  ás bandas participantes recibiron uns agasallos como recordo do seu paso polo noso festival, que foron entregados polo alcalde D. Antonio Lomba e polo tenente alcalde D. Anxo Baz. 

O noso agradecemento ás empresas e establecementos comerciais que nos prestaron a súa colaboración e a aqueles particulares que nos axudaron na organización deste evento. Moitas grazas á Deputación de Pontevedra, ao Concello da Guarda e a Concellería de Cultura.

E por suposto, moitas grazas a todos e todas por compartir con nós esta edición do Festival de Bandas e por animarnos cos vosos aplausos. Esperamos que fora do voso agrado e que repitades nunha nova edición. Ata próxima!!

Neste enlace podedes ver as fotografías de Lalo Rodríguez:  XIII Festival de Bandas

miércoles, 14 de agosto de 2019

XIII FESTIVAL DE BANDAS

Xa falta pouco para o festival de bandas deste ano. Vémonos dentro duns días na Praza de San Bieito donde estaremos acompañados polas bandas Agrupación Musical do Rosal e Unión Musical de Allariz, que xunto coa Agrupación Musical de A Guarda, ofreceranvos unha tarde de boa música. Non faltedes!!