Onte despois da paréntese do ano
pasado celebramos o Concerto de Santa Icía que, por razóns de organización tivo
lugar nas instalacións do Recreo Artístico Guardés, iso sí, cun aforo moi
limitado tendo en conta a situación actual. Ás 19:00 h deu comezo a actuación do
Grupo de Iniciación da Agrupación por primeira vez en público dirixidos por J. Antonio Soutelo, e de seguido a
Banda da Agrupación Musical de A Guarda baixo a dirección de Víctor Alonso Treinta.
Deixámosvos unha imaxes:
Grupo de Iniciación da Agrupación Musical de A Guarda
Banda da Agrupación Musical de A Guarda
Durante o concerto procedeuse á
entrega da insignia da Agrupación a todos os rapaces e rapazas que comezaron
este ano na banda, así como os que comezaron no 2020 que quedaran pendentes por
mor da pandemia. Damos a benvida aos novos músicos a quen desexamos unha longa traxectoria
musical. PARABÉNS COMPAÑEIROS!!
Á esquerda Gabriel entrega a insignia á súa irmá María. Á dereita, o novo trompeta Íker posando con Daniel.
Debaixo Alejandra cos seus irmáns Lucía e Nicolás.
Arriba esquerda: Sara é recibida pola súa compañeira Dafne; á dereita Lucas tras recibir a insignia de mans dos seus irmáns Alba e Pablo. Baixo estas liñas dúas novas clarinetes: Marta co seu irmán Diego á esquerda, e Lucía coa veterana Sara á dereita.
Debaixo á esquerda Enma, nova clarinete, coa súa compañeira Ana e á dereita a saxofonista Paola é recibida por Carla.
Por último, as frautistas Yolanda (esquerda) acompañada de Andrea, e Lara (dereita) posando con Natalia.
Pasamos unha tarde moi agradable na vosa compañía, xa tiñamos gana de volver
a tocar e esperamos que o pasarades tan ben coma nós.
Agradecemos enormemente a colaboración do Recreo Artístico Guardés e por suposto, moitas grazas a todos e todas por acompañarnos. Ata pronto!!
Colabora: