O Director

   Víctor Luís Alonso Treinta, nace no Concello de O Rosal, no ano 1971, e inicia os seus estudios musicais de solfeo, gaita e trompeta na Agrupación Musical do Rosal á idade de 12 anos, cursando o grao elemental no Conservatorio de Música de A Guarda e posteriormente realiza os estudios na especialidade de trompeta no Conservatorio Superior de Música de Vigo co profesor D. José Vicente Simeó Máñez.

    Formou parte da Banda Sinfónica, Orquestra e Grupo de Metais do Conservatorio Superior de Música de Vigo. Entre 1993 e 1995 foi membro da Xove Orquestra de Galicia (XOGA). Dende 1991 a 1996 foi compoñente do Grupo de Metais “Alfonso Ulloa” có que actuou por toda a xeografía galega, así como no Conservatorio e Concello da cidade francesa de Lorient. Coa Agrupación Musical do Rosal, actuou nos Certames de Bandas de Música de Lalín ano 1991, Galicia anos 1995 e 1996, Valencia anos 2000 e 2003, “Vila de Altea” (Alacante) ano 2001, Deputación Provincial de Pontevedra anos 2002 e 2003 e Campo de Criptana (Cidade Real) ano 2005. En 1996 realizou unha xira de concertos coa Banda de Música de Chapela (Redondela) polas principais cidades de Venezuela.

    Realizou cursos de perfeccionamento de trompeta con D. José Mª Ortí Soriano (ONE), D. Enrique Rioja Lis (Orquestra RTVE). D. Benjamín Moreno (Orquestra RTVE), D. Juan José Serna (Luur Metalls), D. Carlos Beneto Grau (Luur Metalls), D. Leopoldo Vidal (Conservatorio de Valencia), D. Freed Mills (ExCanadian Brass), D. Javier Simó Echarte (Real Filharmonía de Galicia).

    Asistiu a cursos de dirección de orquestra e banda con D. James Roos (OSGA), Jan Cober (Conservatorios de Tilburg e Maastrich - Holanda), D. Joseph Vicent Egea (Banda Municipal de Pamplona), D. Rafael Sanz Espert (Banda Municipal de Bilbao), D. Bernardo Adam Ferrero (Banda Sinfónica da Policía Nacional) e D. Jan Van Der Roost (Conservatorio de Lemmens- Bélxica).

    Impartiu clase nas Escolas de Música de O Rosal e Goián, no Conservatorio Profesional de Música de O Carballiño e foi director da Banda de Música de O Carballiño.

    Na actualidade é profesor de trompeta e orquestra no Conservatorio Profesional de Música de Tui, profesor de vento-metal no Conservatorio de Música de A Guarda e director da Banda de Música Agrupación Musical Da Guarda.




 Director do Grupo de Iniciación da Agrupación Musical de A Guarda:


JOSE ANTONIO SOUTELO MUÑOZ


Nace en Tui, é licenciado polo Conservatorio de Música de Vigo na especialidade de clarinete. Realiza estudos de perfeccionamento con distintos clarinetistas a nivel nacional e internacional entre os que cabe destacar Joan Enric Lluna, Larry Pasim, Nuno Pinto, Keith McGleoth, etc.

Foi profesor de música en colexios como Carmelitas e Maristas. Tamén impartiu clases en diferentes conservatorios como o Conservatorio Profesional de Música de Ourense, Conservatorio Superior de Música de A Coruña, Escola Profesional de Música de Viana do Castelo.

Como músico participou  en distintas orquestras como a Orquestra Clásica de Vigo, Orquestra da Coral Casablanca, Xoven Orquestra de Galicia. Tamén colaborou coa Banda de Música Municipal de Santiago de Compostela.

        Na actualidade é profesor de música no Conservatorio de Música da Guarda  e compoñente da Banda de Música Municipal de Ourense