viernes, 30 de diciembre de 2022

CONCERTO "VENTOS DE NADAL"

 

Grazas a todos e todas os que vos achegastes ata o Centro Cultural para asistir ao noso concerto “Ventos de Nadal”. Esperamos que pasarades un rato agradable con nós. En breve comezaremos a traballar no seguinte concerto. Ata a próxima e Feliz 2023!!.



 

jueves, 22 de diciembre de 2022

lunes, 19 de diciembre de 2022

sábado, 10 de diciembre de 2022

O pasado día 8 actuou o noso cuarteto de clarinetes con motivo do acendido das luces de Nadal en Camposancos. Esperamos que vos gustara o concerto, foi un pracer volver a Casa da Comunidade de Montes. Moitas grazas por contar con nós.


 

miércoles, 7 de diciembre de 2022

CONCERTO SANTA CECILIA

 

O sábado día 3 celebramos o noso concerto de Santa Icía e pasamos moi boa tarde con todos os que vos achegástedes a gozar da música con nós. Esperamos que o desfrutarades tanto coma nos!
Actuaron o Grupo de Iniciación e a Banda de Música da Agrupación Musical de A Guarda. Durante o concerto entregouse a insignia da Agrupación Musical de A Guarda á nova trombonista Irene Verde. Benvida!!
 
O noso agradecemento ao párroco D. Juan pola súa colaboración, e a todas e todos os músicos que fixeron un esforzo por non faltar a cita a pesares das dificultades.
 
Podedes ver algunhas imaxes do concerto no Facebook de Pozaslalo fotografías:

 A próxima actuación será o 29 de decembro no Centro Cultural e estará a cargo do Cuarteto de Clarinetes e do Grupo de Metais da nosa agrupación.

 

                                                Colabora: