lunes, 26 de noviembre de 2018

CONCERTO SANTA CECILIA


O sábado día 24 celebramos a festividade de Santa Cecilia cun novo concerto, esta vez estupendamente acompañados dos Coros Arpegios e Cantábile aos que agradecemos a súa participación neste evento,  foi un pracer contar con eles e compartir un día tan especial para os músicos. O concerto tivo lugar na igrexa parroquial de Santa María, dando comezo cun pouco de retraso sobre o horario previsto xa que a montaxe e preparación do espazo para a actuación leva o seu tempo. Don Jesús como sempre fíxose cargo da presentación, dando paso en primeiro lugar ás rapazas e rapaces do Coro Arpegios que nos deleitaron coas súas voces brancas dirixidos por D. Avelino Ferreira. De seguido entraron os compoñentes do Coro Cantálile igualmente  baixo a dirección de Avelino que  recibiron fortes aplausos do numeroso público que se achegou a pesar da choiva. Os nosos parabéns aos dous coros pola súa marabillosa actuación.




E chegou a quenda da Agrupación Musical de A Guarda; unha vez acomodados nas súas cadeiras, D. Jesús chamou a Avelino Ferreira a quen David Álvarez, o noso presidente, fixo entrega dun agasallo pola colaboración neste concerto. A continuación procedeuse á entrega da insignia da banda aos músicos que comezaron durante este ano na nosa formación musical. Algúns compañeiros máis veteranos encargáronse de poñerlles a insignia. Os novos integrantes da banda son:

Lucas Pérez (percusión)






















Marta Vasconcellos (saxo alto)
 
 



















 Lucía Lomba (saxo alto)






















 Buenaventura Rodríguez (saxo tenor)






















Parabéns e moita sorte na vosa traxectoria musical!!

Antes de comezar David chamou a Antonio González para entregarlle tamén un agasallo en agradecemento á súa colaboración musical coa nosa agrupación.  Xa con todos nos seus postos, a Agrupación Musical interpretou catro temas baixo a dirección de Víctor Alonso Treinta e unha vez rematada a súa magnífica actuación, entraron os compoñentes dos coros Arpegios e Cantábile para interpretar  dúas pezas conxuntamente coa banda. Moi bo traballo, as nosas felicitacións a todos.





O noso agradecemento a D. Jesús pola súa inestimable colaboración, e por permitirnos dispoñer da igrexa para este evento. Grazas tamén a todos os asistentes por achegarvos a pesar da choiva, amosándonos así o voso apoio e cariño. Ata a próxima.

miércoles, 7 de noviembre de 2018

CONCERTO DE SANTA ICÍA

Esperámosvos o vindeiro día 24 cun novo concerto, non volo perdades!