domingo, 28 de noviembre de 2021

CONCERTO DE SANTA CECILIA 2021

Onte  despois da paréntese do ano pasado celebramos o Concerto de Santa Icía que, por razóns de organización tivo lugar nas instalacións do Recreo Artístico Guardés, iso sí, cun aforo moi limitado tendo en conta a situación actual. Ás 19:00 h deu comezo a actuación do Grupo de Iniciación da Agrupación por primeira vez en público dirixidos por J. Antonio Soutelo, e de seguido a Banda da Agrupación Musical de A Guarda baixo a dirección de Víctor Alonso Treinta.

Deixámosvos unha imaxes:


                                     Grupo de Iniciación da Agrupación Musical de A Guarda

 



                                            Banda da Agrupación Musical de A Guarda


Durante o concerto procedeuse á entrega da insignia da Agrupación a todos os rapaces e rapazas que comezaron este ano na banda, así como os que comezaron no 2020 que quedaran pendentes por mor da pandemia. Damos a benvida aos novos músicos a quen desexamos unha longa traxectoria musical. PARABÉNS COMPAÑEIROS!!

                                                   

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  Á esquerda Gabriel entrega a insignia á súa irmá María. Á dereita, o novo trompeta Íker posando con Daniel.  

Debaixo Alejandra cos seus irmáns Lucía e Nicolás.

 

 



 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Arriba esquerda: Sara é recibida pola súa compañeira Dafne; á dereita Lucas tras recibir a insignia de mans dos seus irmáns Alba e Pablo. Baixo estas liñas dúas novas clarinetes: Marta co seu irmán Diego á esquerda, e Lucía coa veterana Sara á dereita.


 

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 Debaixo á esquerda Enma, nova clarinete, coa súa compañeira Ana e á dereita a saxofonista Paola é recibida por Carla.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Por último, as frautistas Yolanda (esquerda) acompañada de Andrea, e Lara (dereita) posando con Natalia.















Pasamos unha tarde moi agradable na vosa compañía, xa tiñamos gana de volver a tocar e esperamos que o pasarades tan ben coma nós.

Agradecemos enormemente a colaboración do Recreo Artístico Guardés e por suposto, moitas grazas a todos e todas por acompañarnos. Ata pronto!!

 Colabora: 

 


jueves, 25 de noviembre de 2021