martes, 26 de noviembre de 2013

CONCERTO SANTA CECILIA 2013




O pasado sábado día 23 (por unha vez sen choiva) celebramos un ano máis a festividade de Santa Cecilia co tradicional concerto na igrexa parroquial de Santa María da Guarda, no que  D. Jesús García Villadóniga como ven sendo habitual, foi o presentador do evento. Nesta ocasión a celebración tiña algo especial para nós xa que durante o concerto fixémoslle unha pequena homenaxe a D. Florindo Lomba González, primeiro presidente e membro fundador da banda que decidiu deixar á directiva hai tan só uns meses, despois de once anos na presidencia.
Abriu o concerto a Banda Infantil que interpretou tres pezas de diferentes estilos musicais dirixidos por José Antonio Soutelo. O público premiou ós rapaces cunha forte ovación e estes tocaron unha peza mais. Ó remate da súa actuación algúns dos compoñentes máis veteranos da banda entregaron a insignia da agrupación ós músicos desta sección que a partir de agora formarán parte da banda grande, a Agrupación Musical da Guarda.
Os novos compoñentes son:



           Andrea González Lorenzo ...... clarinete


David Rodríguez ponlle a insignia a Andrea




Carla Vizoso Morales.............. clarinete
















                           Sara Márquez coa nova compoñente Carla






Elena García Nuñez................. clarinete











                                                                    Gemma coa súa nova compañeira Elena




 
Miguel Barbosa González....... tuba





 

  



                                           Óscar Arias con Miguel






A continuación  D. Jesús, en nome de toda a agrupación dedicoulle unhas palabras a Florindo salientando á súa desinteresada colaboración ó longo de todos estes anos. Foron anos de crecemento para a agrupación que comezou alá polo ano 2001 partindo de cero, contando só cun grupo de nenos e nenas que querían aprender a tocar e coa ilusión dun grupo de persoas que creron no proxecto de formar unha banda de música no noso pobo. O resultado está aí, hoxe en día  temos unha banda que está a ser coñecida en toda a xeografía galega e ademais unha banda infantil que promete. Entre estas persoas estaba Florindo, sempre traballando e dedicando o seu tempo libre á agrupación. En agradecemento á súa colaboración quixemos facerlle esta homenaxe e outorgarlle a insignia de ouro da Agrupación Musical da Guarda, máximo distintivo da nosa asociación.

 A insignia foille entregada pola actual presidenta María Elena Álvarez Silva. Seguidamente entregamos un ramo de flores a María Teresa, a dona de Florindo.

    

  Unha vez preparados os maiores, comezou a súa actuación a Agrupación Musical da Guarda xa cos seus novos músicos. Dirixidos por Víctor Alonso Treinta interpretaron cinco pezas variadas que foron moi aplaudidas polos público que practicamente enchía a igrexa. Antes de cerrar ó acto un membro da banda, Miguel Carrero entregou un agasallo a D. Jesús.

            Desde estas liñas queremos agradecerlle que nos preste a igrexa para a celebración deste evento, e por suposto a súa disposición a colaborar con nós sempre que o necesitamos. Moitas grazas tamén a todos os que se achegaron para escoitarnos, esperamos vernos de novo o vindeiro ano.