lunes, 30 de noviembre de 2015

CONCERTO DE SANTA CECILIA 2015



O pasado sábado día 28, ás 20:30 h como estaba previsto tivo lugar o Concerto de Santa Cecilia deste ano. Moito público na igrexa que desfrutou das actuacións da Banda Infantil,  dirixida por  J. Antonio Soutelo, e da Agrupación Musical de A Guarda baixo a batuta, como sempre, de Víctor luís Alonso Treinta.

Foi unha fermosa actuación, cun repertorio totalmente novo nas dúas bandas, unha mostra do gran traballo que están a facer os directores, aos que agradecemos a súa dedicación á banda.

O presentador non podía ser outro que o noso párroco D. Jesús, que como sempre, prestouse a colaborar en todo momento. Entre ás dúas actuacións procedeuse á entrega da insignia da banda ós músicos da infantil que pasan a formar parte da banda grande  desde agora. Son os seguintes:

Aarón Fernández Pérez, trompa
 Pablo ponlle a insignia a Aarón



Antoni Monteiro da Silva, trombón
Antoni recibe a insignia de mans de Óscar





Lucía Arzúa Álvarez, saxo alto
                                                   Néstor coa súa nova compañeira Lucía



Marcos Renda Fernández, saxo alto
                                                  Coral colócalle a insignia a Marcos


María Pérez Pilarte, clarinete
Gemma posando coa nova compoñente da banda, María



Nerea Fernández López, clarinete
                                        Jorge foi o encargado de poñerlle a insignia a Nerea


Pablo Vicente Pereira, trompeta
                                                Pablo, o máis novo da banda, con Luciano



Roberto Gil Barbosa, bombardino
                                              Roberto xa coa súa insignia posa con Brais


Seguidamente o novo presidente da asociación, David Álvarez Mariño,  entregou un agasallo á anterior presidenta María Elena Álvarez Silva, á que agradecemos o seu labor e dedicación durante os anos que ocupou o cargo e a quen desexamos unha longa traxectoria musical na nosa banda. 
David Álvarez con Elena


 O público ovacionou fortemente ós músicos das dúas bandas que estiveron estupendos. Para rematar, a Agrupación Musical de A Guarda ofreceu unha peza fóra de programa agradecendo así o apoio e os aplausos dos presentes. As nosas felicitacións ós músicos e por suposto, a Víctor e José Antonio, que saben sacar o mellor deste grupo de rapaces e rapazas que forman á agrupación.

Ó remate do concerto o presidente David Álvarez entregou un agasallo a D. Jesús en nome da Agrupación Musical da Guarda como agradecemento  pola súa colaboración, xa que sen a súa axuda non sería posible a realización deste concerto.

Grazas tamén a todos os pola vosa presenza, polo voso apoio e pola vosa fidelidade, esperamos encontrarnos de novo en vindeiros concertos.


Momento da actuación da Banda Infantil baixo a dirección de José Antonio

O público ateigaba a igrexa

A Agrupación Musical de A Guarda durante a súa actuación con Víctor Alonso na dirección