O pasado día 18 de setembro a Agrupación Musical de A Guarda ofreceu un concerto na Praza de San Bieito que serviu como ensaio para o X Certame Provincial de Bandas. Nesta ocasión a banda estivo dirixida por Francisco Abal Rosales que será tamén o seu director no Certame. Ante a presencia dunha boa cantidade de público interpretaron o seguinte programa:
- AGÜERO (pasodoble)..............................................................................J. Franco
- RETRINCOS.......................................................................................David Fiuza
o O segredo
o O inglés
o Peito de lobo
o O retrato
o Sabela
- ROBINSON CRUSOE..................................................................Bert Appermont
- HAPPY MALLETS...............................................................................Harm Evers
Xilófono solista: Julián Lomba Castro
- NOITES DE LÚA NA PRAIA.......................................................Ernesto Campos
Gaita solista: Sara Márquez Rodríguez
- MI TIERRA GALLEGA...........................................Prudencio Romo (Los Tamara)
As tres primeiras obras son as que a nosa banda interpretou no Certame: un pasodoble de presentación, unha obra obrigada (Retrincos) e unha obra de libre elección (Robinson Crusoe).
No hay comentarios:
Publicar un comentario