miércoles, 29 de agosto de 2012

VI FESTIVAL DE BANDAS VILA DA GUARDA


 Un ano máis celebramos o Festival de Bandas Vila da Guarda xa na súa VI edición, nunha tarde soleada que animou ao público a achegarse ata a Praza de San Bento. Cun pouco de retraso deu comezo o evento presentado unha vez máis por Elena Baz, coa entrada da Banda de Música da Vertula de Meis que a ritmo de pasarrúas presentouse ante o público recibindo unha forte ovación. Pouco despois chegaba á praza a Banda de Música de Lanhelas e de seguido a Agrupación Musical de A Guarda que cerrou este pasarrúas para dar paso á actuación da primeira banda.
Banda de Música da Vertula de Meis
Trala magnífica interpretación dos de Meis, dirixidos por Casiano Mouriño, chegou a quenda da banda lanhelense co mestre Estéfanio Cunha ao fronte da formación. Foron  acompañados  coas palmas polos presentes que dende un primeiro momento animaron ás agrupacións cos seus aplausos. Finalizou a rolda de actuacións a nosa banda con Víctor Alonso Treinta como director. Os temas interpretados foron moi ben acollidos polo público que pediu outra peza ó final do concerto.
Banda de Música de Lanhelas


De seguido membros da directiva da Agrupación Musical de A Guarda fixeron entrega duns agasallos ás bandas participantes o igual que o Concelleiro de Cultura Antonio Lomba, quen entregou uns detalles do Concello ós tres directores.

Antes de pechar este Festival procedeuse ó sorteo dun lote de produtos e á entrega dun ramo á presentadora a quen agradecemos a súa desinteresada                     colaboración.          
Elena Baz e Rosina
Entrega do lote sorteado
O noso agradecemento tamén ó público asistente que se mantivo na praza ata o final do evento, apoiando en todo momento a esta asociación e animando ós músicos participantes. Esperamos vernos de novo o vindeiro ano nunha nova edición.
Agrupación Musical de A guarda