domingo, 26 de agosto de 2018

XII FESTIVAL DE BANDAS

Onte sábado tivo lugar o noso Festival de Bandas no auditorio da praza de San Bieito. Tivemos o pracer de contar coas Bandas da U.V.C.D. de Candeán e coa da Escola de Música de Rianxo, que fixeron a súa entrada na Praza cara ás 20:00 h despois de facer un pequeno percorrido por distintas rúas. A primeira en actuar foi a de Candeán dirixida por Iago Lariño Rodal, para dar paso de seguido aos compañeiros de Rianxo baixo a dirección de Rafael Collazo Moares. En último lugar actuou a nosa banda, a Agrupación Musical de A Guarda con Victor Alonso Treinta, como sempre. Estupenda actuación das tres formacións. Parabéns a todos e moitas grazas aos amigos de Candeán e de Rianxo por compartir esta tarde con nós.









Ao remate da actuación procedeuse á entrega duns agasallos ás bandas invitadas por parte de membros da Directiva e a continuación os tres directores recibiron un detalle de mans da Concelleira de Cultura Dna Elena Baz. Como broche de outo, despois de sortear uns lotes de productos entre os asistentes, as tres bandas interpretaron conxuntamente unha coñecida peza baixo a dirección de Víctor Alonso.

Moitas grazas a todos e todas por asistir e pasar a tarde con nós. Esperamos que desfrutarades da música e que voltedes para a próxima edición.

Agradecemos a colaboración dos establecementos comerciais e empresas que nos axudaron e moi especialmente a aqueles particulares que nos botaron unha man. Grazas tamén á Deputación de Pontevedra, ao Concello de A Guarda e a Concellería de Cultura. Ata o ano que ven!.


                                                                      Moitas grazas!!!


Podes ver as imaxes de Lalo Rodríguez no seguinte enlace: https: IIX Festival de Bandas