domingo, 30 de julio de 2023

ORQUESTRA DE MALABARES

Exitazo onte no concerto Orquestra de malabares. Cheo total!
Nos pasámolo moi ben, esperamos que vos gustara. O noso agradecemento aos compañeiros de PistaCatro, un pracer traballar con tan bos profesionais.
Grazas tamén ao Concello da Guarda e a Concellería de Cultura, e por suposto a todos os e as asistentes.
En breve estaremos de novo con todos vós cun novo concerto.

 







jueves, 20 de julio de 2023

CONCERTO: ORQUESTRA DE MALABARES

A nosa vindeira actuación será moi especial. Participaremos no espectáculo da compañía de circo PistaCatro coa "Orquestra de Malabares". Un concerto cheo de diversión, malabares e música para todos e todas. Non volo perdades!!

 Organiza: Concello da Guarda. Programa Cultura no Camiño.


lunes, 17 de julio de 2023

FESTAS DA VIRXE DO CARME

 Un ano máis estivemos nas festas da Virxe do Carme. Aquí tedes algunhas imaxes. Moitas grazas á comisión de festas por contar con nós.