Onte celebramos o concerto de Santa Icía deste ano. Foi na igrexa parroquial ás 17:00 h e actuaron o Grupo de Iniciación e a Banda de Música daAgrupación Musical de A Guarda. Durante o concerto recibimos ás novas compoñentes da nosa agrupación. Ao remate do concerto, representantes do Concello fixeron entrega duns ramos de flores aos directores e ao párroco D. Juan, a quen damos as grazas pola súa inestimable colaboración. Grazas a todos e todas os que vos achegasteis para escoitarnos e por suposto, ao concello da Guarda.
Esperamos que vos gustara a actuación. Ata a próxima!
Estas son as novas compoñentes da banda:
Alexia Vázquez. Entrégalle a insignia Adri Vicente.
Sara Fajar. Entrega a insignia Samuel.
Iria Díaz. Entregoulle a insignia Natalia.
Podedes ver máis fotografías en Pozas Lalo Fotografías
colabora: