martes, 29 de agosto de 2017

FESTIVAIS

Fin de semana moi activo coa participación da nosa banda no Festival de Músicos Xoves do Rosal o sábado pola tarde e no Festival de Bandas de Chantada o domingo. Grazas aos nosos anfitrións por invitarnos e recibirnos tan ben. Saúdos.

No Rosal:

 


No Auditorio de Chantada:

 

Podedes ver máis fotos neste enlace:  Agrupación musical de A Guarda en Chantada
Grazas Lalo polas túas estupendas fotografías.

martes, 22 de agosto de 2017

XI FESTIVAL DE BANDAS



O sábado 19 de agosto celebramos a XI edición do noso festival de bandas na Praza de San Bieito. Ás 20:00 h fixo entrada na praza a Banda de Música de Chantada que fixo un pasacalle polo paseo do Porto; seguidamente entrou A Lira de Ribadavia tralo seu desfile pola rúa Concepción Arenal. Uns minutos más tarde chegaría ao auditorio a Agrupación Musical de A Guarda que percorreu varias rúas polo centro da vila. 

A Banda de Chantada durante a súa actuación 

Moito público e moi entregado, desfrutando da boa música que nos ofreceron as tres formacións musicais. O noso presidente David Álvarez fíxose cargo da presentación do festival, que comezou coa actuación da formación de Chantada dirixida por José Manuel Mosquera González. A banda A Lira de Ribadavia sería a seguinte  baixo a dirección de Xavier Oliveira. Felicitamos ás dúas bandas pola súa gran actuación. A Agrupación Musical de A Guarda pechou o concerto  con Víctor Alonso Treinta a cargo da dirección. Parabéns a todos!. 



Banda de Música A Lira de Rivadavia
Agrupación Musical de A Guarda
Ao remate da actuación, membros da directiva a Agrupación fixeron entrega duns agasallos ás bandas convidadas como recordo do seu paso por este festival, e a continuación o Alcalde de A Guarda D. Antonio Lomba Baz entregou tamén uns detalles do Concello aos directores das tres bandas participantes. Seguidamente procedeuse ao sorteo dunha cesta de produtos entre o público asistente. Como broche final, as tres bandas interpretaron conxuntamente una coñecida e animada peza.

Moitas grazas a todos e todas por asistir e animarnos cos vosos aplausos. Sodes o mellor do Festival!
Agradecemos a colaboración dos establecementos comerciais e empresas que nos axudaron e moi especialmente a aqueles particulares que nos botaron unha man, sen eles non sería posible levar adiante este festival. Grazas tamén ao Concello de A Guarda e a Concellería de Cultura. Ata o ano que ven.

 Podes ver as imaxes de Lalo Rodríguez no seguinte enlace: https:   Festival de Bandas Vila de A Guarda

viernes, 11 de agosto de 2017

XI FESTIVAL DE BANDAS

E volvemos cunha nova edición do noso Festival de Bandas de Música. Non volo perdades!!