domingo, 23 de agosto de 2015

IX FESTIVAL DE BANDAS



Onte sábado 22 celebrouse a IX edición do Festival de Bandas de Música “Vila da Guarda”, que por primeira vez trasladouse ó patio cuberto do colexio dos PP Somascos xa que á hora de comezar os preparativos para o concerto presentábase unha tarde desapracible, o que nos levou a tomar esa decisión ante o risco de choiva. Non se fixo o habitual pasacalle de entrada das bandas e por motivos alleos a nós tivemos que retrasar o comezo do  festival ata ás 20:30 horas. Sentimos as molestias ocasionadas por este cambio de escenario e de horario.

O concerto estivo presentado por David Álvarez que deu paso á banda Nova Lira de Moraña. De seguido actuou a segunda banda invitada: a Municipal de Ribadeo cerrando o concerto a Agrupación Musical de A Guarda. Moi boa resposta por parte do público que abarrotou o patio e premiou con fortes aplausos as actuacións destas magníficas agrupacións.

Ao final do concerto as bandas invitadas recibiron uns agasallos da Agrupación Musical de A Guarda e do Concello da Guarda, e para cerrar este festival procedeuse como sempre, ó sorteo dun lote de produtos.

Moitísimas grazas ós PP Somascos por prestarnos as súas instalacións para a celebración deste evento. Grazas tamén a todos os establecementos colaboradores polo seu apoio e por suposto o Concello da Guarda.

Esperamos que este festival fora do voso agrado e que desfrutarades da música. Moitas grazas a todos por acudir á cita. Esperámosvos o vindeiro ano nunha nova edición.


Banda de Música Nova Lira de Moraña durante a súa actuación

Banda de Música Municipal de Ribadeo

Agrupación Musical de A Guarda