domingo, 24 de noviembre de 2019

CONCERTO DE SANTA ICÍA 2019


Ola a todos e todas. Que vos pareceu o concerto de Santa Icía deste ano? Nos estamos moi satisfeitos co resultado e sobre todo, por contar unha vez máis co voso apoio e os vosos aplausos. A continuación deixámosvos un pequeno resumo do concerto e como non, unhas imaxes.

Este ano decidimos cambiar de horario e o concerto tivo lugar ás 17:00 h, actuando como presentador D. Jesús García Villadóniga, a quen agradecemos a súa inestimable colaboración. Abriu o concerto o grupo invitado que nesta ocasión foi a Coral do Clube Terceira Idade de A Guarda que baixo a dirección de David González Sobrino, fixeron unha gran actuación. Desde aquí queremos felicitalos e animalos a que sigan cantando así de ben e desfrutando da música. Foi para nós un pracer contar coa súa compañía e agradecémoslles que aceptaran a nosa invitación.
 
A Coral dao Clubbe da Terceira Idade durante a súa actuación
 
Unha vez terminada, o noso presidente David Álvarez entregou un detalle ao director da coral como recordo desta actuación. Seguidamente os compoñentes da banda acomodáronse nas súas cadeiras para afinar e comezar o seu concerto, pero antes como é habitual, fixemos entrega da insignia da Agrupación aos compoñentes que entraron na banda este ano formalizando así a súa pertenza á Agrupación Musical de A Guarda. Foron os seguintes:  

Diego, Saxo tenor:





















  Thomas poñendo a insignia ao seu novo compañeiro Diego 


Gabriel, percusión:

David co novo percusionista Gabriel 


Sara, saxo alto:



















 Sara recibe a súa insignia de mans da veterana Alba


África, saxo alto:

 


















 Carla con África, nova saxofonista da banda

Nicolás, tuba:

Óscar, tuba veterano, entrega a insignia a Nicolás


A continuación, Víctor Alonso dirixiu á banda unha vez máis co seu bo facer, ofrecendo un repertorio variado e alegre que foi moi aplaudido polo público. Os nosos parabéns a estes rapaces e rapazas e a seguir así! Esperamos que vos gustara tanto como a nós e contar con vós nunha vindeira edición. Moitas grazas a todos e todas por acompañarnos. Ata a próxima!!

Podedes ver a fotografías de Lalo Rodríguez  premendo aquí: Concerto Santa Icía 2019

A Agrupación Musical de A Guarda durante a súa actuación.

lunes, 11 de noviembre de 2019

CONCERTO DE SANTA ICÍA 2019

Dentro duns días celebraremos o noso habitual concerto de Santa Icía, que este ano sufrirá un cambio de horario. Será pola tarde, dando comezo ás 17:00 h na igrexa parroquial.
Esperámosvos a todos e todas!!!