lunes, 3 de diciembre de 2012

CONCERTO DE SANTA CECILIA 2012

Excelente actuación a que ofreceron as dúas bandas da Agrupación Musical de A Guarda no concerto do pasado sábado día 1 para celebrar a festividade de Santa Cecilia, padroa dos músicos, como tódolos anos na igrexa Parroquial de Santa María de A Guarda. O público achegouse ata o templo que estaba practicamente cheo para escoitar en primeiro lugar á Banda Infantil. Con moita ilusión os pequenos abriron o seu programa cun pasodobre e, arroupados polos fortes aplausos dos presentes continuaron con catro pezas de diferentes estilos, amosando os grandes progresos que están a realizar grazas o gran traballo do seu director José Antonio Soutelo, e por suposto ó esforzo destes cativos que ensaian semana tras semana para facer soar os seus instrumentos o mellor posible, esforzo que se viu recompensando cando o público pediulles “outra”, petición que foi concedida polos músicos cunha nova peza fóra de programa.
          
Ó remate da actuación, D. Jesús que como é habitual presentou o acto, comezou a chamar ós músicos que dende agora pasan a integrarse na banda dos maiores para impoñerlles o “pin” da Agrupación, acto simbólico co que se fai oficial  o seu ingreso nesta formación musical. Nesta ocasión foron seis os rapaces e rapazas que “pasaron”:

               -NATALIA FERNÁNDEZ LOMBA…………….…......…..…...FRAUTA.
               -DAFNE PIÑEIRO GONZÁLEZ………………….……..…TROMPETA.
               -BRAIS VERDE VERDE………………… ……………….PERCUSIÓN.
              -SAMUEL  LOUREIRO LOMBA……………. .……..…….CLARINETE.
              -DANIEL PORTELA PÉREZ………………….….…………TROMPETA.
              -THOMAS RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ………..……………SAXOFÓN.
     
Seguidamente  os novos músicos acomodáronse nas súas cadeiras cos seus compañeiros da banda “grande” para tocar por primeira vez con eles de maneira oficial.

A Agrupación Musical de A Guarda comezou a súa actuación estupendamente dirixidos por Víctor Alonso Treinta,  coa obra “Alborada Galega”  con Sara Márquez como gaiteira solista. A continuación interpretaron catro pezas logrando gañarse ó público que os premiou cunha gran ovación e voces de “outra”, a banda correspondeu  cun outra obra galega. Pero antes de rematar, o director Víctor  fixo un inciso para que en nome da Xunta Directiva, un compoñente da banda fixera entrega do “pin” a D. Jesús en agradecemento pola súa desinteresada e continuada colaboración dese os inicios desta Agrupación. Grazas D. Jesús por permitirnos a celebración deste evento a pesar de ter que “desmontar “ media igrexa  para poder acomodar á banda. Sen a súa colaboración  a celebración deste concerto non sería posible.

Galería de imaxes - Autor Lalo Rodríguez.