martes, 22 de marzo de 2016

CONCERTO MARCHAS PROCESIONAIS



Este ano organizamos por primeira vez un concerto de marchas procesionais que tivo lugar o domingo día 20 (Domingo de Ramos) na igrexa parroquial de Santa María, con moi boa acollida polo público que practicamente encheu o templo para escoitar a nosa banda, que dirixida como sempre por Víctor Alonso Treinta, interpretou varias marchas que foron moi aplaudidas. O noso agradecemento a D. Jesús pola súa colaboración xa que sen a súa axuda non sería posible a realización deste concerto. Grazas a todos por vir, esperamos que fora do voso agrado. Verémonos novamente en poucas semanas, xa estamos preparando a nosa próxima actuación.





Aquí podedes ver un vídeo da actuación gravado polo compañeiro Lalo Rodríguez: