domingo, 10 de octubre de 2010

X Certame Provincial de Bandas de Música

O día 2 de outubro celebrouse en Pontevedra o X Certame Provincial de Bandas de Música da Deputación, no que participou a Agrupación Musical de A Guarda na 3ª categoria (ata 45 músicos).
Este ano a obra obrigada foi "Retrincos" de David Fiuza e como obra libre a banda interpretou "Robinson Crusoe" de Bert Appermont; o pasodobre de presentación foi "Agüero" de J. Franco
A Agrupación estivo dirixida por Francisco Abal Rosales que substituiu ó noso director Víctor que aínda non se recuperou das súas lesións. A Agrupación Musical de A Guarda acadou nesta edición o 3º premio.
A xunta directiva quere felicitar a tódolos compoñentes da banda polo logro e agradecerlles o esforzo realizado no último mes para preparar as obras con tan pouco tempo de antelación.

 Momento no que interpretaron "Peito de lobo", o 3º tempo da obra "Retrincos":


Concerto da Agrupación Musical de A Guarda

O pasado día 18 de setembro a Agrupación Musical de A Guarda ofreceu un concerto na Praza de San Bieito que serviu como ensaio para o X Certame Provincial de Bandas. Nesta ocasión a banda estivo dirixida por  Francisco Abal Rosales que será tamén o seu director no Certame. Ante a presencia dunha boa cantidade de público interpretaron o seguinte programa:

-    AGÜERO (pasodoble)..............................................................................J. Franco
-    RETRINCOS.......................................................................................David Fiuza
      o    O segredo
      o    O inglés
      o    Peito de lobo
      o    O retrato
      o    Sabela
-    ROBINSON CRUSOE..................................................................Bert Appermont
-    HAPPY MALLETS...............................................................................Harm Evers
                                                                              Xilófono solista: Julián Lomba Castro
-    NOITES DE LÚA NA PRAIA.......................................................Ernesto Campos
                                                                            Gaita solista: Sara Márquez Rodríguez
-    MI TIERRA GALLEGA...........................................Prudencio Romo (Los Tamara)

As tres primeiras obras son as que a nosa banda interpretou no Certame: un pasodoble de presentación, unha obra obrigada (Retrincos) e unha obra de libre elección (Robinson Crusoe).


IV Festival de Bandas de Música Vila da Guarda

O pasado día 11 de setembro celebrouse na Praza de San Bieito o “IV Festival de Bandas de Música Vila da Guarda” organizado pola Agrupación Musical de A Guarda, no que participaron como bandas invitadas a Banda Municipal de Música de Lousame e a Banda de Música de Chapela, ademais da nosa banda. O evento estivo presentado por Julia Sobrino, a quen agradecemos a súa valiosa colaboración. Sinalar que este ano a Agrupación Musical de A Guarda  non puido tocar baixo a batuta do seu director Víctor quen está lesionado debido a un accidente de circulación, polo que está temporalmente afastado do seu traballo. Desexámoslle unha rápida e total recuperación. O director foi nesta ocasión o profesor José Antonio Soutelo Muñoz - grazas J. Antonio pola túa axuda- .O festival foi presenciado por un numeroso público que gozou da música que ofreceron as distintas agrupacións e que se mantivo ata o final do evento apoiando en todo momento as bandas participantes.  O bo tempo tamén contribuíu a que unha vez máis o acto resultara un éxito..

As bandas interpretaron o seguinte programa:

BANDA MUNICIPAL DE MUSICA DE LOUSAME


1.    Coruña…………………………………………… Faustino del Río
2.    Retratos de España……………..………………. Teodoro Aparicio
3.    Virginia………………………………………….. Jacob de Haan
4.    Crego e poeta………………………………….. Prudencio Romo

Director: Fernando Froján Canle


BANDA DE MÚSICA DE CHAPELA


1.    El Soro…………….……………….………………………E. Ros
2.    Rapsodia Galega..(2º Mvto)………….…..…….……..Juan Montes
3.    Diógenes……………………………….…..………Jacob de Haan
4.    Noites de lúa na praia…...…….…Ernesto Campos e X.L. Represas
5.    Mozos do Penedo

Director: Severino Pedrosa Núñez


AGRUPACIÓN MUSICAL DE A GUARDA


1.    Agüero (pasodoble).............................................................J. Franco
2.    Riverien Cyclus................................................................A. Malando
3.    Les Miserables..........................................................C.M.Schonberg
4.    Saraldara  (muiñeira)................................................................J. Ces
5.    El tío Caniyitas...................................................................R. Dorado

Director: José Antonio Soutelo Muñoz



Ó finalizar as actuacións houbo un intercambio de agasallos entre as bandas e tamén o Sr. Alcalde e o Concelleiro de Cultura fixeron entrega duns agasallos ás bandas participantes.

Dende aquí queremos agradecer a colaboración do Concello da Guarda, da Deputación, da Federación Galega de Bandas de Música, de “La Caixa” e por suposto a de todos os establecementos, empresas e particulares que non dubidaron en apoiarnos e axudarnos economicamente e sen os que non sería posible a realización deste Festival.

Moitas grazas a todos, esperamos vernos de novo o vindeiro 2011.