lunes, 18 de julio de 2016

FESTIVAL DE BANDAS NAS FESTAS DA VIRXE DO CARME


O pasado venres día 15 recibimos na nosa vila á Banda de Música de Laviana (Asturias), banda coa que tiveramos un intercambio no ano 2007 cando participou con nós no ”I Festival de Bandas Vila da Guarda”. Agora, nove anos despois temos o pracer de repetir o Intercambio con estes amigos cos que seguimos en contacto desde entón grazas os lazos de amizade creados a raíz daquel primeiro encontro.
 
Nesta ocasión a súa visita coincidiu coas Festas da Virxe do Carme, motivo polo que esta primeira parte do Intercambio quedou incluída dentro da programación de festas. Onte domingo, despedimos a esta formación asturiana coa que pronto volveremos tocar, xa que o vindeiro 31 de xullo a Agrupación Musical de A Guarda desprazarase ata Pola de Laviana para completar este Intercambio, participando no X Festival Nacional de Bandas que organiza a Banda de Música de Laviana. 

Durante o concerto do venres a banda asturiana que actuou en primeiro lugar, recibiu uns agasallos do Concello como recordo da súa visita á nosa vila. O festival finalizou coa actuación da Agrupación Musical de A Guarda. 

O noso máis sincero agradecemento á Comisión de Festas da Virxe do Carme polo apoio que nos mostraron desde o primeiro momento, polo trato recibido e por todo o traballo que realizaron para que este concerto fora posible. 



 A Banda de Música de Laviana durante a súa actuación



Actuación da Agrupación Musical da Guarda na carpa


Esta actividade foi patrocinada por: