domingo, 22 de noviembre de 2020

PARABÉNS MÚSICOS!!

Feliz día de Santa Cecilia!!

Hoxe é do día da padroa dos músicos, pero como este ano non podemos ofrecervos o concerto anual, compartimos con vós este vídeo da actuación do ano pasado para celebralo aínda que sexa na casa. Que non falte a música!! 


 

 

jueves, 25 de junio de 2020

XV ANIVERSARIO DA AGRUPACIÓN MUSICAL DE A GUARDA

Hoxe lembramos un día  moi importante na nosa historia que queremos compartir. Tal día como hoxe hai 15 anos, faciamos a presentación oficial da nosa banda na Praza do Reló apadriñados pola Agrupación Musical do Rosal. Antes de que comezara esta situación tan atípica estabamos preparando algunhas cousas para celebralo con vós, pero como non vai ser posible, aquí tedes un video de ese momento tan especial da nosa estrea, gravado pola cámara de Agustín Ferreira Lorenzo.

 Mentres, preparando todo para volver aos ensaios o antes posible; iso si, a modiño...




miércoles, 3 de junio de 2020

VÍDEO DO 2011

Hoxe toca "Mi tierra gallega" de Prudencio Romo. A gravación corresponde á nosa actuación no XVI Festival de Bandas de Chapela, no ano 2011.




domingo, 24 de mayo de 2020

ACTUACIÓN NO 2010

Seguimos recuperando vídeos antigos para lembrar os vellos tempos, nesta ocasión atopamos este pasodobre gravado no auditorio da Praza de San Bieito no ano 2010, cando estabamos preparando a nosa participación no certame de Bandas de Pontevedra.






viernes, 8 de mayo de 2020

MÁIS VÍDEOS



Ola de novo! Aquí tedes outros dous vídeos de diferentes actuacións, un é do último concerto que ofrecemos e o outro de hai nove anos, cando participamos no XVI Festival de Bandas de Chapela. Esperamos que vos gusten.








viernes, 24 de abril de 2020

LEMBRANZAS



Ola a todos e todas. Este ano celebramos o noso 15 aniversario e temos moitas ganas de tocar de novo para vós, pero como de momento non é posible ofrecervos os concertos que tiñamos preparados, queremos compartir con vós algúns vídeos antigos que atopamos.

En canto sexa posible volveremos coas actuacións en directo, que son as que máis nos gustan. Oxalá que sexa pronto! Mentres, quedade na casa e se vos apetece, ollade os vídeos.

Ánimo e moita música!