domingo, 22 de noviembre de 2026

CONCERTO DE SANTA CECILIA

Onte celebramos o día da nosa padroa na igrexa parroquial. Este ano abrimos o concerto coa actuación dun grupo de clarinetes formado por compoñentes da banda e a continuación fixemos a entrega da insignia da Agrupación aos novos compoñentes da banda para rematar coa actuación da Agrupación Musical de A Guarda. 

Moitas grazas a todoss e todas os que vos achegastes á igrexa para compartir con nos esta tarde tan especial. Nin a chuvia impediu a vosa asistencia a esta cita anual.

O noso agradecemento especial a D. Juan, o noso párroco pola súa inestimable colaboración e aportación musical.  

Esperamos que vos gustara. Ata a apróxima!

Deixámosvos unhas fotos e podedes ver a reportaxe de Lalo Rodríguez 

 

  



Colabora  


No hay comentarios:

Publicar un comentario