domingo, 27 de agosto de 2023

XIV FESTIVAL DE BANDAS

Onte celebramos a XIV edición do Festival de Bandas no que estivemos acompañados pola Banda de Música Cultural de Barbadás. Queremos felicitalos pola súa gran actuación e agradecerlles que aceptaran a nosa invitación. Dentro de dúas semanas devolverémoslles a visita.

Como é habitual, antes do concerto as dúas bandas fixeron a súa entrada na praza despois dun pequeno pasacalle polas rúas da vila. Deseguido os compañeiros da Banda de Música Cultural de Barbadás abriron o concerto dirixidos por Celso Nieto Rodríguez, rematando coa actuación da Agrupación Musical de A Guarda con Víctor Alonso Treinta na dirección.

Como peche do festival as dúas bandas interpretaron unha peza conxuntamente dirixidos por Víctor.

O noso agradecemento aos establecementos comerciáis que nos prestaron a súa colaboración e a Almudena pola súa axuda. Moitas grazas tamén  ao Concello da Guarda e, por suposto, a todos e todas por compartir con nós esta edición do Festival de Bandas, por animarnos cos vosos aplausos e polo apoio recibido. Esperamos que vos gustase e pasárades unha boa tarde, vémonos na próxima!



Arriba unhas imaxes da Banda de Música Cultural de Barbadás facendo a súa presentación no Auditorio e San Benito. Abaixo, a Agrupación Musical de A Guarda durante á súa actuación.




  Colabora: Concello de A Guarda

No hay comentarios:

Publicar un comentario