martes, 20 de septiembre de 2011

ACTIVIDADES 2010

VIAXE A LOUSAME:

           Como en anos anteriores o pasado verán a Agrupación Musical de A Guarda realizou unha viaxe de intercambio, nesta ocasión coa Banda Municipal de Lousame (A Coruña). A nosa banda partiu o sábado 31 de xullo ás 8 da mañá do local de ensaios para facer unha parada na Proba do Caramiñal. Durante o día visitaron tamén  as dunas de Corrubedo e a praia do Vilar para, a continuación, coñecer o Castro de Baroña en Porto do Son. A última hora da tarde chegaron a Noia onde foron recibidos polo Director e algúns músicos da Banda de Lousame.

                                 Compoñentes da Agrupación en Noia

                      
                      O domingo dia 1 de agosto pola mañá tiveron ocasión de visitar  o casco histórico de Noia.     Despois de comer saíron  cara a Lousame para participar no Festival de Bandas de Música de Lousame onde compartiron escenario coa banda anfitrioa e coa Banda de Musica Municipal de Vilalba (Lugo).  


                     Ao remate do festival que se realizou a carón do concello de Lousame, procedeuse á entrega de agasallos por parte das bandas participantes e representantes do Concello de Lousame e como broche final á convivencia musical coa Banda de Musica Municipal de Lousame os nosos músicos acudiron a unha cea  invitados polos nosos anfitrións, saíndo cara a Guarda ó remate da mesma.

                                A Banda durante a súa actuación en Lousame


No hay comentarios:

Publicar un comentario