miércoles, 10 de junio de 2026
XVI FESTIVAL DE BANDAS "VILA DA GUARDA"
lunes, 8 de junio de 2026
PROCESIÓN DE CORPUS
Un ano máis acompañamos á procesión de Corpus percorrendo ás rúas cubertas das marabillosas alfombras florais realizadas polos veciños e veciñas de A Guarda. Parabéns polo voso traballo!
lunes, 25 de mayo de 2026
CONCERTOS NAS PARROQUIAS: CAMPOSANCOS
O sábado pechamos o ciclo dos Concertos nas Parroquias co concerto de Camposancos, na Casa da Comunidade de Montes. Estamos encantados pola boa acollida desta iniciativa e moi agradecidos á directiva da Comunidade de Montes por tratarnos sempre tan ben, así da gusto ir a tocar.
Grazas tamén ao Concello por colaborar nesta actividade e agardamos repetir o vindeiro ano.
Colaboran
ACTUACIÓN EN OIA: FESTA DA VIRXE DO CARME
O pasado sábado levamos a nosa música a Oia para alegrar as rúas e acompañar á procesión nunha fermosa paraxe como é o porto e o Mosteiro. Un pracer tocar ao carón do mar nun día tan emblemático para os veciños e veciñas de Oia. O noso agradecemento á Comisión de Festas e ao Concello de Oia por contar con nós.
Esta actuación está incluída no programa Culturea da Deputación de Pontevedra.
lunes, 18 de mayo de 2026
domingo, 3 de mayo de 2026
CONCERTOS NAS PARROQUIAS: SALCIDOS
domingo, 19 de abril de 2026
CONCERTOS NAS PARROQUIAS: PRAZA DA GUÍUA
Que ben o pasamos onte na Praza da Guía! Unha agradable tarde en compañía dun público estupendo que desfrutou da música dende o primeiro momento. Grazas por asistir e compartir con nós este primeiro concerto de 2026.
Moi agradecidos á comisión de festas da Virxe da Guía pola súa colaboración e por facilitarnos o noso traballo.
O vindeiro día 2 de maio estaremos na Praza de Salcidos cun novo “Concerto nas parroquias”. Agardámosvos!!
Colabora



















.png)




















