O vindeiro més de xullo comezaremos a nosa Aula de Verán. Xa sabedes que podedes apuntarvos se tedes máis de sete anos, so necesitades ter gañas de pasalo ben aprendendo música. O instrumento prestámoscho nós. Anímate e ven probar as túas habilidades musicais!
martes, 18 de junio de 2019
domingo, 12 de mayo de 2019
III MOSTRA ASOCIATIVA
Onte sábado
estivemos na III Mostra Asociativa na Alameda de A Guarda organizada polo
Concello de A Guarda, onde compartimos una tarde de actividades cun outras asociacións da nosa vila. Unha
morea de xente a que se achegou ata a Alameda para desfrutar desta tarde de
actuacións, en moitos casos conxuntas. Unha sección da nosa banda interpretou
unhas pezas ao carón do punto de información da asociación San Vicente de Paul.
Grazas a todos por asistir. Esperamos que vos gustara tanto como a nós! Deixámosvos
unhas imaxes.
Etiquetas:
actividades,
Noticias e avisos
lunes, 29 de abril de 2019
CONCERTO DE PRIMAVERA 2019
O sábado día 27
celebramos o Concerto de Primavera no que contamos coa participación do Coro do
Conservatorio de A Guarda. Comezou cara ás 20:00 horas no baixo da Casa dos
Alonso, edificio que alberga ao Concello dende hai uns meses.
Antes de comezar
gardouse un minuto de silencio en lembranza do noso querido compañeiro Castelar
Piedra, recentemente falecido e de seguido, a banda que foi a primeira en
actuar ofreceu varios temas dirixidos
por Víctor. Logo dun pequeno descanso para preparar o escenario, entraron os
rapaces e rapazas do coro que fixeron unha magnífica actuación dirixidos polo
seu profesor Bruno. Felicidades a todos
estes nenos e nenas, moitas grazas por compartir con nos este concerto.
Por suposto
felicitamos tamén aos compoñentes da Agrupación Musical de A Guarda e a Víctor
polo traballo realizado e agradecémoslles a todos o esforzo que tiveron que
facer para poder asistir aos ensaios durante as semanas previas ao concerto.
Agora, a seguir traballando para as próximas actuacións que están á volta da
esquina.
Moitas grazas a
todos por asistir, esperamos que vos gustara. Vémonos pronto.
Aquí tedes unhas imaxes do noso archivo e un enlace para ver as de Lalo Rodríguez:
Aquí tedes unhas imaxes do noso archivo e un enlace para ver as de Lalo Rodríguez:
Etiquetas:
Actuacións,
Concertos
lunes, 15 de abril de 2019
CASTELAR PIEDRA
Hoxe deixounos unha
gran persoa e un compañeiro que nos inicios da banda foi un excelente exemplo
para as novas xeracións de músicos da Agrupación Musical de A Guarda. Unha
persoa comprometida e gran apaixonado da música. Hoxe é un día triste para
todos nos. Faleceu en Valladolid onde viviu durante máis de cincuenta anos,
pero sempre que podía voltaba á súa terra, na cal sempre lembraba os seus
inicios na Banda de Tabagón e a súa infancia como fillo do director da banda,
ata a súa desaparición na década dos 60.
Moi querido e respectado por todos os rapaces e rapazas da nosa banda, que tiveron a sorte de telo como compañeiro e de aprender del.Todos sentimos unha
gran tristeza porque hoxe nos deixou un
gran home, Castelar Piedra Pérez. D.E.P. compañeiro.
Etiquetas:
Noticias e avisos
Suscribirse a:
Entradas (Atom)










