jueves, 18 de agosto de 2016
jueves, 4 de agosto de 2016
A AGRUPACIÓN XA VOLVEU DA SÚA VIAXE
O pasado sábado 30 de xullo
desprazámonos ata Ribadeo para participar no festival de bandas organizado pola
banda desa localidade, devolvendo así a visita que nos fixera o ano pasado. Por
mor da choiva o concerto celebrouse no auditorio municipal de Ribadeo coa
actuación da Banda de Música de As Pontes (A Coruña), a Agrupación Musical de A
Guarda e a Banda Municipal de Ribadeo.
O día seguinte continuamos a nosa
viaxe ata Pola de Laviana (Asturias) donde actuamos no X Festival Nacional de
Bandas de Laviana, xunto coas bandas de Infiesto e Pola de Laviana. Esta última
estivera na nosa vila hai tan só dúas semanas, coincidindo coa celebración das festas
da Virxe do Carme.
Una vez rematadas as actuacións
fixemos un pequeno percorrido pola comunidade asturiana visitando lugares tan
interesantes como o Auditorio Palacio de Congresos Príncipe Felipe e o casco
histórico da cidade de Oviedo, o Museo del Jurásico de Asturias (Colunga) ou o
Museo de la Minería y la Industria (El Entrego).
| A Agrupación no Auditorio Municipal de Ribadeo |
| Banda de Música de Laviana no X Festival Nacional |
![]() | ||||
| A Agrupación Musical de A Guarda en Pola de Laviana |
| A banda en Lugo |
![]() |
| Na entrada do Museo de la Minería y la Industria |
![]() |
| No Auditorio Príncipe Felipe de Oviedo Esta actividade foi patrocinada por: ![]() |
Etiquetas:
actividades,
intercambios
lunes, 25 de julio de 2016
lunes, 18 de julio de 2016
FESTIVAL DE BANDAS NAS FESTAS DA VIRXE DO CARME
O pasado venres día 15 recibimos
na nosa vila á Banda de Música de Laviana (Asturias), banda coa que tiveramos
un intercambio no ano 2007 cando participou con nós no ”I Festival de Bandas
Vila da Guarda”. Agora, nove anos despois temos o pracer de repetir o
Intercambio con estes amigos cos que seguimos en contacto desde entón grazas os
lazos de amizade creados a raíz daquel primeiro encontro.
Nesta ocasión a súa visita
coincidiu coas Festas da Virxe do Carme, motivo polo que esta primeira parte do
Intercambio quedou incluída dentro da programación de festas. Onte domingo,
despedimos a esta formación asturiana coa que pronto volveremos tocar, xa que o
vindeiro 31 de xullo a Agrupación
Musical de A Guarda desprazarase ata Pola de Laviana para completar este
Intercambio, participando no X Festival Nacional de Bandas que organiza a Banda
de Música de Laviana.
Durante o concerto do venres a
banda asturiana que actuou en primeiro lugar, recibiu uns agasallos do Concello
como recordo da súa visita á nosa vila. O festival finalizou coa actuación da
Agrupación Musical de A Guarda.
O noso máis sincero agradecemento
á Comisión de Festas da Virxe do Carme polo apoio que nos mostraron desde o
primeiro momento, polo trato recibido e por todo o traballo que realizaron para
que este concerto fora posible.
A Banda de Música de Laviana durante a súa actuación
Actuación da Agrupación Musical da Guarda na carpa
Etiquetas:
Concertos,
Festivales
jueves, 16 de junio de 2016
lunes, 13 de junio de 2016
AULA DE VERÁN
Apúntate a esta nova actividade de verán na que poderás iniciarte na música e na práctica dun instrumento de vento ou percusión. Se non tes instrumento, prestámosche un. Só tes que chamar o teléfono indicado ou enviarnos un e-mail ao enderezo que aparece no cartel. Anímate. Totalmente gratuita!!
Etiquetas:
Noticias e avisos
martes, 7 de junio de 2016
CONCERTO SOLIDARIO
O pasado sábado tivo lugar o Concerto Solidario durante o cal recolléronse alimentos non perecedoiros para entregar a Asociación San Vicente de Paul. Neste concerto estivemos acompañados polo grupo SonGodin's, a quen que agradecemos de corazón a súa desinteresada colaboración na celebración deste evento. Moitas grazas a todos os que vos achegastes ata a praza co voso donativo para esta causa e grazas tamén o Concello da Guarda e a D. Jesús García Villadóniga que fixo a presentación do acto.
Etiquetas:
Noticias e avisos
Suscribirse a:
Entradas (Atom)










