lunes, 7 de septiembre de 2026

FESTAS DA VIRXE DA GUÍA

 Un pracer estar onte nas Festas da Virxe da Guía percorrendo as rúas e acompañando a procesión. Moitas grazas á comisión de festas por contar con nós outro ano máis.

Grazas  ao Concello da Guarda e a Deputación de Pontevedra  pola súa colaboración.

 



Esta actuación está incluída no programa Culturea da Deputación de Pontevedra.


 

lunes, 24 de agosto de 2026

CONCERTO DE MÚSICA TRADICIONAL GALEGA

 Bonito concerto o do pasado sábado en San Benito. Foi unha tarde moi especial na que tivemos o pracer de compartir escenario cos grupos Vento Mareiro e Do lusco ó fusco para desfrutar da música galega: muiñeiras, foliadas, pasodobres galegos, baile, canto, pandeiretas, gaitas e banda. Pero sobre todo a alegría de contar cun público tan marabilloso. Moitas grazas a todos e todas por acompañarnos. Esperamos que vos gustara.

Un saúdo ás compañeiras e compañeiros de Vento Mareiro e Do Lusco. O noso agradecemento a Elena pola súa presentación, e a Almudena pola súa colaboración. Grazas tamén ao Concello da Guarda e a Deputación de Pontevedra.












                                    Colabora 



          Esta actuación está incluída dentro do programa Culturea da Deputación de Pontevedra


 

miércoles, 12 de agosto de 2026

lunes, 3 de agosto de 2026

FESTA DE SAN CAETANO

 Onte estivemos nas Festas de San Caetano percorrendo ás rúas do barrio e acompañando á procesión. O noso agradecemento á Comisión de Festas por contar con nós un ano máis e ao Concello da Guarda e a Deputación de Pontevedra pola súa colaboración.

                                                  

                Esta actuación está incluída no programa Culturea da Deputación de Pontevedra

                                                 


viernes, 17 de julio de 2026

FESTAS DA VIRXE DO CARME

Onte estivemos todo o día nas festas da Virxe do Carme. Pola mañá no pasarrúas e a procesión e á tardiña na carpa, onde ofrecemos un concerto de bailables como peche das festas, despois da estupenda actuación do grupo Vento Mareiro a quen enviamos unha aperta.

Estamos encantados da resposta do público e do ben que nos tratou a comisión de festas. Moitas grazas por contar con nós un ano máis.

Aquí vos deixamos unhas imaxes.






 





 Este concerto está incluído no programa Culturea da Deputación de Pontevedra
 

 

 

lunes, 13 de julio de 2026

FESTAS DA VIRXE DO CARME

 Vémonos este xoves nas Festas da Virxe do Carme!!


 

jueves, 2 de julio de 2026

OBRADOIRO PERCUSIÓN

Comezou o novo obradoiro de percusión! nesta ocasión de técnicas e percusión clásica para banda.  Seguro que os participantes sacarán bo proveito deste taller de verán pensado para formar futuros percusionistas para a banda. 

 Colabora