Continuamos con actividades para complementar a formación dos nosos músicos. O próximo fin de semana contaremos con un obradoiro no que profundizaremos nos coidados que requiren os instrumentos de vento. Será un obradoiro gratuito a cargo de Gabriel Saito e Ángel Suárez, técnicos e reparadores de instrumentos de vento metal e vento madeira.
lunes, 16 de marzo de 2026
viernes, 19 de diciembre de 2025
BOAS FESTAS!!
lunes, 8 de diciembre de 2025
CONCERTO NO RECREO ARTÍSTICO GUARDÉS
Onte tivemos ocasión de poñer música nos actos da celebración do CXXXV aniversario do Recreo Artístico Guardés. Pasámolo moi ben tocando para os socios, socias e convidados que encheron o local.
Moi agradecidos polo trato recibido e os aplausos dos asistentes. Foi un pracer participar no aniversario da emblemática e centenaria asociación cultural. Moitas grazas por contar con nós.
Actuación incluída dentro do programa Culturea
domingo, 23 de noviembre de 2025
CONCERTO DE SANTA ICÍA
sábado, 8 de noviembre de 2025
CONCERTO DE SANTA ICÍA
Todo a punto para o concerto de Santa Icía deste ano! Será na igrexa parroquial de A Guarda, non faltedes!!
lunes, 20 de octubre de 2025
OBRADOIROS DE VENTO MADEIRA
Remataron os Obradoiros de Vento Madeira. Unhas instructivas e proveitosas xornadas que os nosos músicos souberon aproveitar e desfrutar, coas ensinanzas duns grandes profesionais como Fernando Raña, Rafael Yebra e Asterio Leiva. Un pracer contar con eles.
Aquí tedes algunhas fotos destes obradoiros.
Arriba, Fernando Raña coas nosas frautistas. Abaixo Rafael Yebra e os participantes de saxofón.
jueves, 9 de octubre de 2025
OBRADOIROS DE VENTO MADEIRA





























