domingo, 24 de agosto de 2025

CONXERTO XX ANIVERSARIO

Que vos pareceu o concerto de onte? Pasámolo moi ben celebrando o noso XX aniversario con vos. Agardamos que vos gustara tanto como a nós. Encantados de contar coa compañía de Ubaldo, Kike e Jorge, aos que agradecemos a súa colaboración neste concerto. Unha aperta! Moitas grazas aos nosos músicos e a Víctor polo seu traballo. Noraboa. Unha mención especial a Pierre polos seus 20 anos na banda, grazas por todo compañeiro. E por suposto moitísimas grazas a todos e todas por vir gozar da música coa nosa banda, sodes os mellores!

Aquí vos deixamos algunhas imaxes da actuación.


 




Coa colaboración de

 


jueves, 14 de agosto de 2025

CONCERTO XX ANIVERSARIO

 E xa falta moi pouco para o noso concerto do XX Aniversario!

Ofreceremos música de bandas sonoras e coñecidos temas de Rock, para os que contaremos coa colaboración especial de Ubaldo Zabala á guitarra, Kike Morillas ao baixo e Jorge FErnández aos teclados. Agardámosvos!!


 

viernes, 8 de agosto de 2025

FESTA SAN MAMED

E onte estivemos pondo música nas Festas de San Mamed en Pedornes onde fomos moi ben recibidos. Moitas grazas á Comisión de Festas por contar con nós.




 
Actuación incluída no programa Culturea: 


 

lunes, 4 de agosto de 2025

FESTA DE SAN CAETANO

Onte estivemos en San Caetano percorrendo o barrio e acompañando á procesión. Botamos de menos o airiño fresco da Cruzada 😅.

Grazas por contar con nós un ano máis.




 

 

jueves, 17 de julio de 2025

FESTAS DA VIRXE DO CARME

 Un ano máis participando nas Festas da Virxe do Carme. Aquí vos deixamos unhas imaxes deste día tan fermoso e caloroso. Moitas grazas á Comisión de Festas por contar con nós.






                             Actuación incluída no programa Culturea da Deputación de Pontevedra.


 

lunes, 7 de julio de 2025

FESTA DA LANGOSTA - CONCERTO DE BANDAS SONORAS

 

Algunhas fotos do concerto de bandas sonoras deste sábado, celebrando o noso XX aniversario  por todo o alto.
Malia o frío foi un éxito, moitas grazas a todo o público que nos acompañou con tanto agarimo
Estade atentos, que a celebración continúa!
 
 
 

O noso agradecemento ao Concello da Guarda por contar con nós na Festa da Langosta.

sábado, 5 de julio de 2025

FESTA DA LANGOSTA

Onte, a Agrupación musical da Guarda tivemos o enorme pracer de recibir por parte do Concello da Guarda a LANGOSTA DE HONRA polos nosos recén cumpridos 20 anos de traxectoria.

Non podemos estar máis felices!
Queremos agradecer ao Concello pola distinción e ao público por seguirnos durante todo este camiño.
Do mesmo xeito, agradecer tamén a todos os músicos que pasaron pola banda e ás anteriores directivas.