E onte estivemos pondo música nas Festas de San Mamed en Pedornes onde fomos moi ben recibidos. Moitas grazas á Comisión de Festas por contar con nós.
viernes, 8 de agosto de 2025
lunes, 4 de agosto de 2025
FESTA DE SAN CAETANO
Onte estivemos en San Caetano percorrendo o barrio e acompañando á procesión. Botamos de menos o airiño fresco da Cruzada 😅.
Grazas por contar con nós un ano máis.
jueves, 17 de julio de 2025
FESTAS DA VIRXE DO CARME
Un ano máis participando nas Festas da Virxe do Carme. Aquí vos deixamos unhas imaxes deste día tan fermoso e caloroso. Moitas grazas á Comisión de Festas por contar con nós.
Actuación incluída no programa Culturea da Deputación de Pontevedra.
lunes, 7 de julio de 2025
FESTA DA LANGOSTA - CONCERTO DE BANDAS SONORAS
Algunhas fotos do concerto de bandas sonoras deste sábado, celebrando o noso XX aniversario por todo o alto.
Malia o frío foi un éxito, moitas grazas a todo o público que nos acompañou con tanto agarimo
Etiquetas:
Actuacións,
Concertos
sábado, 5 de julio de 2025
FESTA DA LANGOSTA
Onte, a Agrupación musical da Guarda tivemos o enorme pracer de recibir por parte do Concello da Guarda a LANGOSTA DE HONRA polos nosos recén cumpridos 20 anos de traxectoria.
Etiquetas:
Noticias e avisos
sábado, 28 de junio de 2025
CONCERTO DE BANDAS SONORAS
Faltan só uns días para a nosa próxima actuación: o Concerto de Bandas Sonoras. Será o vindeiro sábado 5 de xullo ás 23:00 horas no Porto da Guarda, dentro da programación da Festa da Langosta.
Non faltedes!!
Etiquetas:
Concertos,
Noticias e avisos
miércoles, 25 de junio de 2025
XX ANIVERSARIO DA BANDA
HOXE ESTAMOS DE ANIVERSARIO!
Exactamente un día coma hoxe, 20 anos atrás, comezamos a encher de música, emocións e momentos inesquecibles á nosa vila.
Para lembrar de onde vimos, aquí vos deixamos un vídeo da nosa primeira presentación en público no ano 2005, cheos de nervios e ilusión por ter comezado un novo camiño: https://youtu.be/pOwpzMrFArU?si=HtaVZ9okfA6aJUF0
Queremos agradecer a todas as persoas que formastes parte desta gran familia ao longo destes anos: músicos antigos que fostes pioneiros, músicos novos, director, familias, colaboradoras e colaboradores… tamén a unha parte esencial, o noso público, que sempre estivo aí dende os inicios.
E por suposto… ¡imos celebralo!
Moi pronto anunciaremos un concerto moi especial enmarcado na conmemoración destas dúas décadas de historia.
Estade moi atentos/as!

Etiquetas:
Noticias e avisos
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

















