domingo, 30 de julio de 2023
ORQUESTRA DE MALABARES
jueves, 20 de julio de 2023
CONCERTO: ORQUESTRA DE MALABARES
A nosa vindeira actuación será moi especial. Participaremos no espectáculo da compañía de circo PistaCatro coa "Orquestra de Malabares". Un concerto cheo de diversión, malabares e música para todos e todas. Non volo perdades!!
Organiza: Concello da Guarda. Programa Cultura no Camiño.
lunes, 17 de julio de 2023
FESTAS DA VIRXE DO CARME
Un ano máis estivemos nas festas da Virxe do Carme. Aquí tedes algunhas imaxes. Moitas grazas á comisión de festas por contar con nós.
domingo, 11 de junio de 2023
PROCESIÓN DO CORPUS 2023
Unha vez máis a nosa banda pechou a procesión do Corpus. As rúas enchéronse de cor coas fermosas alfombras florais que luciron durante todo o día. Felicitamos ás alfombristas polo gran traballo realizado.
martes, 23 de mayo de 2023
CONCERTO DIDÁCTICO
domingo, 30 de abril de 2023
ESTREA PASODORE "A GUARDA"
Onte foi o concerto de Primavera organizado polo Concello. Un pracer actuar na compañía dos coros: Polifónica de A Guarda, Club de Pensionistas da Terceira Idade e Cantábile. Xuntos interpretamos o pasodobre “A Guarda” dirixidos polo seu compositor José Luis Represas. Felicidades a todos e todas pola vosa gran actuación!.




















.jpg)