domingo, 28 de noviembre de 2021

CONCERTO DE SANTA CECILIA 2021

Onte  despois da paréntese do ano pasado celebramos o Concerto de Santa Icía que, por razóns de organización tivo lugar nas instalacións do Recreo Artístico Guardés, iso sí, cun aforo moi limitado tendo en conta a situación actual. Ás 19:00 h deu comezo a actuación do Grupo de Iniciación da Agrupación por primeira vez en público dirixidos por J. Antonio Soutelo, e de seguido a Banda da Agrupación Musical de A Guarda baixo a dirección de Víctor Alonso Treinta.

Deixámosvos unha imaxes:


                                     Grupo de Iniciación da Agrupación Musical de A Guarda

 



                                            Banda da Agrupación Musical de A Guarda


Durante o concerto procedeuse á entrega da insignia da Agrupación a todos os rapaces e rapazas que comezaron este ano na banda, así como os que comezaron no 2020 que quedaran pendentes por mor da pandemia. Damos a benvida aos novos músicos a quen desexamos unha longa traxectoria musical. PARABÉNS COMPAÑEIROS!!

                                                   

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  Á esquerda Gabriel entrega a insignia á súa irmá María. Á dereita, o novo trompeta Íker posando con Daniel.  

Debaixo Alejandra cos seus irmáns Lucía e Nicolás.

 

 



 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Arriba esquerda: Sara é recibida pola súa compañeira Dafne; á dereita Lucas tras recibir a insignia de mans dos seus irmáns Alba e Pablo. Baixo estas liñas dúas novas clarinetes: Marta co seu irmán Diego á esquerda, e Lucía coa veterana Sara á dereita.


 

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 Debaixo á esquerda Enma, nova clarinete, coa súa compañeira Ana e á dereita a saxofonista Paola é recibida por Carla.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Por último, as frautistas Yolanda (esquerda) acompañada de Andrea, e Lara (dereita) posando con Natalia.















Pasamos unha tarde moi agradable na vosa compañía, xa tiñamos gana de volver a tocar e esperamos que o pasarades tan ben coma nós.

Agradecemos enormemente a colaboración do Recreo Artístico Guardés e por suposto, moitas grazas a todos e todas por acompañarnos. Ata pronto!!

 Colabora: 

 


jueves, 25 de noviembre de 2021

domingo, 5 de septiembre de 2021

A GUÍA 2021

 Hoxe percorremos os barrios da Guía e Rivadavila para celebrar este día tan sinalado. Estamos encantados de que a música soe de novo nás rúas!






 

lunes, 23 de agosto de 2021

CONCERTO 2021

Gustouvos o concerto de onte? Nós desfrutámolo moito, tíñamos moitas ganas de volver e tocar xuntos. Moitas grazas a todos e todas por asistir, ata a próxima!!

 Puede ser una imagen de una persona, de pie y al aire libre 

 Puede ser una imagen de una o varias personas, personas tocando instrumentos musicales y al aire libre  Puede ser una imagen de una persona, tocando un instrumento musical y al aire libre

sábado, 14 de agosto de 2021

CONCERTO 2021

 Despois de tanto tempo este sábado volveremos estar con vós!





viernes, 16 de julio de 2021

XA ESTAMOS DE VOLTA

 Por fin chegou o día! Que gana tiñamos de volver!





lunes, 1 de marzo de 2021