Dentro duns días celebraremos o noso habitual concerto de Santa Icía, que este ano sufrirá un cambio de horario. Será pola tarde, dando comezo ás 17:00 h na igrexa parroquial.
Esperámosvos a todos e todas!!!
lunes, 11 de noviembre de 2019
domingo, 25 de agosto de 2019
XIII FESTIVAL DE BANDAS
Onte celebramos a XIII
edición do Festival de Bandas, no que participaron xunto coa nosa banda, a
Agrupación Musical do Rosal e a Unión Musical de Allariz. Como é habitual,
antes de dar comezo o concerto as tres bandas fixeron a súa entrada na praza
despois dun pequeno percorrido polas rúas da vila. Deseguido os compañeiros da
Agrupación Musical do Rosal abriron o concerto coa súa actuación dirixidos por
Javier Alonso Pérez, continuando coa banda de Allariz baixo a dirección de José
Manuel Vega Real. A Agrupación Musical de A Guarda foi a última en actuar, con
Víctor Alonso Treinta. Felicitamos ás
tres formacións pola súa gran actuación e agradecemos aos amigos do
Rosal e de Allariz que se desprazaran ata a nosa vila para compartir esta tarde
con nós.
![]() |
| Agrupación Musical do Rosal |
![]() |
| Unión Musical de Allariz |
![]() |
| Agrupación Musical de A Guarda |
Para rematar o
festival as tres bandas interpretaron unha peza conxuntamente dirixidos por
Víctor, pero antes ás bandas
participantes recibiron uns agasallos como recordo do seu paso polo noso
festival, que foron entregados polo alcalde D. Antonio Lomba e polo tenente
alcalde D. Anxo Baz.
O noso
agradecemento ás empresas e establecementos comerciais que nos prestaron a súa
colaboración e a aqueles particulares que nos axudaron na
organización deste evento. Moitas grazas á Deputación de Pontevedra, ao
Concello da Guarda e a Concellería de Cultura.
E por suposto,
moitas grazas a todos e todas por compartir con nós esta edición do Festival de
Bandas e por animarnos cos vosos aplausos. Esperamos que fora do voso agrado e
que repitades nunha nova edición. Ata próxima!!
Neste enlace podedes ver as fotografías de Lalo Rodríguez: XIII Festival de Bandas
Neste enlace podedes ver as fotografías de Lalo Rodríguez: XIII Festival de Bandas
Etiquetas:
Actuacións,
Festivais
miércoles, 14 de agosto de 2019
XIII FESTIVAL DE BANDAS
Xa
falta pouco para o festival de bandas deste ano. Vémonos dentro duns
días na Praza de San Bieito donde estaremos acompañados polas bandas
Agrupación Musical do Rosal e Unión Musical de Allariz, que xunto coa
Agrupación Musical de A Guarda, ofreceranvos unha tarde de boa música. Non faltedes!!
domingo, 28 de julio de 2019
CONCERTO NA FESTA DO PEIXE ESPADA
Deixámosvos unhas
imaxes do noso concerto de hoxe na Festa do Peixe Espada. Queremos darvos as
grazas a todos polos vosos aplausos e a vosa compañía. É un pracer tocar para
un público tan agarimoso. Pronto nos veremos de novo na vindeira edición do
Festival de Bandas, na Praza de San Bieito.
Etiquetas:
Actuacións,
Concertos
domingo, 14 de julio de 2019
CONCERTO CON MARÍA DO CEO
Que vos pareceu o concerto do pasado venres con María do Ceo? Nos estamos moi contentos co resultado, e sobre todo por contar coa compañía desta grandísima artista que nos deleitou a todos coa súa fermosa voz. Queremos agradecerlle que compartira con nós esta noite tan especial e sobre todo, o seu cariño e a súa amabilidade con todos e todas. Un bico moi forte María!
Moitas grazas a todas e todos os que vos achegastes ata o Porto para escoitarnos. Esperamos que desfrutarades do concerto! Ata a próxima!
Deixámosvos tamén unhas imaxes e o enlace de Lalo Rodríguez para que podades ver máis.
Grazas Lalo polas túas fotos, preciosas como sempre.
Etiquetas:
Concertos,
Noticias e avisos
sábado, 6 de julio de 2019
ACTUACIÓN NO XIV ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS
O vindeiro venres día 12 teremos o pracer de compartir escenario coa fadista María do Ceo, que cantará coa Agrupación Musical de A Guarda. Esta será a nosa próxima actuación, dentro da progrramación do XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que terá lugar do 11 ao 14 de xullo no Porto da Guarda. Non volo perdades!!
Haberá moitas máis actuacións durante o Encontro, catro días para desfrutar a tope da boa música e de todas as actividades que se levarán a cabo, como talleres e exposicións, ademais de ver e coñecer de primeira man unha morea de embarcacións tradicionais que estarán fondeadas no porto. Un acontecemento irrepetible.
Etiquetas:
Actuacións,
Noticias e avisos
martes, 18 de junio de 2019
IV AULA DE VERÁN
O vindeiro més de xullo comezaremos a nosa Aula de Verán. Xa sabedes que podedes apuntarvos se tedes máis de sete anos, so necesitades ter gañas de pasalo ben aprendendo música. O instrumento prestámoscho nós. Anímate e ven probar as túas habilidades musicais!
Etiquetas:
actividades,
Noticias e avisos
Suscribirse a:
Entradas (Atom)










