lunes, 15 de abril de 2019

CASTELAR PIEDRA



Hoxe deixounos unha gran persoa e un compañeiro que nos inicios da banda foi un excelente exemplo para as novas xeracións de músicos da Agrupación Musical de A Guarda. Unha persoa comprometida e gran apaixonado da música. Hoxe é un día triste para todos nos. Faleceu en Valladolid onde viviu durante máis de cincuenta anos, pero sempre que podía voltaba á súa terra, na cal sempre lembraba os seus inicios na Banda de Tabagón e a súa infancia como fillo do director da banda, ata a súa desaparición na década dos 60. 
Moi querido e respectado por todos os rapaces e rapazas da nosa banda, que tiveron a sorte de telo como compañeiro e de aprender del.Todos sentimos unha gran tristeza porque hoxe nos deixou un gran home, Castelar Piedra Pérez. D.E.P. compañeiro.
As nosas condolencias a súa familia, sempre estará no noso recordo.

 


 

jueves, 11 de abril de 2019

CONCERTO DE PRIMAVERA

Comezamos coa nova temporada!. Aquí vos deixamos o cartel do Concerto de Primavera deste ano, no que ademais da banda, actuarán como convidados os rapaces e rapazas do Coro Infantil do Conservatorio, seguro que vos encantarán.


lunes, 25 de marzo de 2019

III MOSTRA ASOCIATIVA

Queremos compartir o vídeo promocional da III Mostra Asociativa organizada polo Concello da Guarda, que terá lugar o vindeiro 11 de maio na Alameda.




lunes, 26 de noviembre de 2018

CONCERTO SANTA CECILIA


O sábado día 24 celebramos a festividade de Santa Cecilia cun novo concerto, esta vez estupendamente acompañados dos Coros Arpegios e Cantábile aos que agradecemos a súa participación neste evento,  foi un pracer contar con eles e compartir un día tan especial para os músicos. O concerto tivo lugar na igrexa parroquial de Santa María, dando comezo cun pouco de retraso sobre o horario previsto xa que a montaxe e preparación do espazo para a actuación leva o seu tempo. Don Jesús como sempre fíxose cargo da presentación, dando paso en primeiro lugar ás rapazas e rapaces do Coro Arpegios que nos deleitaron coas súas voces brancas dirixidos por D. Avelino Ferreira. De seguido entraron os compoñentes do Coro Cantálile igualmente  baixo a dirección de Avelino que  recibiron fortes aplausos do numeroso público que se achegou a pesar da choiva. Os nosos parabéns aos dous coros pola súa marabillosa actuación.




E chegou a quenda da Agrupación Musical de A Guarda; unha vez acomodados nas súas cadeiras, D. Jesús chamou a Avelino Ferreira a quen David Álvarez, o noso presidente, fixo entrega dun agasallo pola colaboración neste concerto. A continuación procedeuse á entrega da insignia da banda aos músicos que comezaron durante este ano na nosa formación musical. Algúns compañeiros máis veteranos encargáronse de poñerlles a insignia. Os novos integrantes da banda son:

Lucas Pérez (percusión)






















Marta Vasconcellos (saxo alto)
 
 



















 Lucía Lomba (saxo alto)






















 Buenaventura Rodríguez (saxo tenor)






















Parabéns e moita sorte na vosa traxectoria musical!!

Antes de comezar David chamou a Antonio González para entregarlle tamén un agasallo en agradecemento á súa colaboración musical coa nosa agrupación.  Xa con todos nos seus postos, a Agrupación Musical interpretou catro temas baixo a dirección de Víctor Alonso Treinta e unha vez rematada a súa magnífica actuación, entraron os compoñentes dos coros Arpegios e Cantábile para interpretar  dúas pezas conxuntamente coa banda. Moi bo traballo, as nosas felicitacións a todos.





O noso agradecemento a D. Jesús pola súa inestimable colaboración, e por permitirnos dispoñer da igrexa para este evento. Grazas tamén a todos os asistentes por achegarvos a pesar da choiva, amosándonos así o voso apoio e cariño. Ata a próxima.

miércoles, 7 de noviembre de 2018

CONCERTO DE SANTA ICÍA

Esperámosvos o vindeiro día 24 cun novo concerto, non volo perdades!


lunes, 17 de septiembre de 2018

II MOSTRA ASOCIATIVA

Como xa vos anunciaramos, o pasado sábado día 14 estivemos na alameda durante todo o día participando na II Mostra Asociativa organizada polo Concello da Guarda. Moitas actividades e moito público, pasámolo moi ben amosando o noso traballo a todos os que vos achegastes ata o noso stand e ensinando os diferentes instrumentos aos nenos e nenas que se animaron a probalos. Grazas a todos e todas por vir! Deixámosvos unhas imaxes.