miércoles, 7 de noviembre de 2018
lunes, 17 de septiembre de 2018
II MOSTRA ASOCIATIVA
Como xa vos anunciaramos, o pasado sábado día 14 estivemos na alameda durante todo o día participando na II Mostra Asociativa organizada polo Concello da Guarda. Moitas actividades e moito público, pasámolo moi ben amosando o noso traballo a todos os que vos achegastes ata o noso stand e ensinando os diferentes instrumentos aos nenos e nenas que se animaron a probalos. Grazas a todos e todas por vir! Deixámosvos unhas imaxes.
Etiquetas:
actividades,
Noticias e avisos
martes, 4 de septiembre de 2018
II MOSTRA ASOCIATIVA
Por segundo ano o Concello de A Guarda organiza a Mostra Asociativa, unha actividade aberta a todas as asociacións da nosa vila e na que poderedes desfrutar de moitas actividades diferentes: concertos, baile, obradoiros, xogos, deporte... haberá tamén diferentes stands nos que as asociacións participantes ofrecerán información a todos aqueles que estean interesados en coñecer o seu labor e as súas actividades. Será o vindeiro día 15 de setembro dende ás 10:30 ata ás 20:30 h, na Alameda de A Guarda.
A Agrupación Musical de A Guarda participará nesta mostra. ACHEGÁDEVOS A COÑECERNOS!
Etiquetas:
actividades,
Noticias e avisos
domingo, 26 de agosto de 2018
XII FESTIVAL DE BANDAS
Onte sábado tivo lugar o noso Festival de Bandas no auditorio da praza de San Bieito. Tivemos o pracer de contar coas Bandas da U.V.C.D. de Candeán e coa da Escola de Música de Rianxo, que fixeron a súa entrada na Praza cara ás 20:00 h despois de facer un pequeno percorrido por distintas rúas. A primeira en actuar foi a de Candeán dirixida por Iago Lariño Rodal, para dar paso de seguido aos compañeiros de Rianxo baixo a dirección de Rafael Collazo Moares. En último lugar actuou a nosa banda, a Agrupación Musical de A Guarda con Victor Alonso Treinta, como sempre. Estupenda actuación das tres formacións. Parabéns a todos e moitas grazas aos amigos de Candeán e de Rianxo por compartir esta tarde con nós.
Ao remate da actuación procedeuse á entrega duns agasallos ás bandas invitadas por parte de membros da Directiva e a continuación os tres directores recibiron un detalle de mans da Concelleira de Cultura Dna Elena Baz. Como broche de outo, despois de sortear uns lotes de productos entre os asistentes, as tres bandas interpretaron conxuntamente unha coñecida peza baixo a dirección de Víctor Alonso.
Moitas grazas a todos e todas por asistir e pasar a tarde con nós. Esperamos que desfrutarades da música e que voltedes para a próxima edición.
Agradecemos a colaboración dos establecementos comerciais e empresas que nos axudaron e moi especialmente a aqueles particulares que nos botaron unha man. Grazas tamén á Deputación de Pontevedra, ao Concello de A Guarda e a Concellería de Cultura. Ata o ano que ven!.
Agradecemos a colaboración dos establecementos comerciais e empresas que nos axudaron e moi especialmente a aqueles particulares que nos botaron unha man. Grazas tamén á Deputación de Pontevedra, ao Concello de A Guarda e a Concellería de Cultura. Ata o ano que ven!.
Moitas grazas!!!
lunes, 13 de agosto de 2018
sábado, 28 de julio de 2018
UN CONCERTO DE PELÍCULA
Onte venres tivo
lugar no Porto de A Guarda o noso “Concerto de película”. Foi un concerto
diferente dos habituais no que a imaxe tivo un papel destacado ao combinala coa
música da banda. Acompañados por un moi numeroso público, lembramos coñecidas
bandas sonoras que todos temos na nosa mente. Este concerto estivo enmarcado na
XV Festa do Peixe Espada, organizada por OR.PA.GU, a quen facemos chegar o noso
agradecemento por todo o seu apoio e a confianza que puxeron en nós. Foi un pracer ofrecer este espectáculo do que desfrutamos
moito, esperamos que vos gustase tanto como a nós.
Grazas a todos por
a vosa compañía e polos vosos aplausos. O noso agradecemento tamén ao Concello
da Guarda e a Deputación de Pontevedra.
Aproveitamos para
lembrarvos que pronto estaremos de novo con todos no Festival de Bandas de
Música “Vila da Guarda”. Non Faltedes!!.
Podes ver as imaxes de Lalo Rodríguez neste enlace: Concerto de Película
Podes ver as imaxes de Lalo Rodríguez neste enlace: Concerto de Película
Etiquetas:
Actuacións,
Concertos
lunes, 23 de julio de 2018
2ª MOSTRA MUSICAL
O pasado sábado ofrecemos
a segunda mostra musical na Casa da Comunidade de Montes de Camposancos. Acompañados por un bo número de veciños e
veciñas desa localidade, tratamos de amosar aos presentes as diferenzas entre
os instrumentos máis habituais nunha banda, os diferentes estilos musicais, e as
posibilidades que ofrece tocar en grupo.
Foi un pracer
compartir esta xornada cos veciños e veciñas de Camposancos. Moitísimas grazas a todos por asistir e o
noso agradecemento á Comunidade de Montes de Camposancos pola súa colaboración.
Deixámosvos unhas imaxes:
Etiquetas:
actividades,
Noticias e avisos
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


























