viernes, 22 de junio de 2018
III Aula de verán
Apúntate a esta actividade de verán na que poderás iniciarte na música e
na práctica dun instrumento de vento ou percusión. Se non tes
instrumento, prestámosche un. Só tes que chamar o teléfono indicado ou
enviarnos un e-mail ao enderezo que aparece no cartel.
Anímate.
Totalmente gratuita!!
Etiquetas:
actividades,
Noticias e avisos
domingo, 27 de mayo de 2018
X PRIMAVERA MUSICAL EN CANDEÁN
Onte pasamos unha tarde moi agradable participando na X Primavera Musical de Candeán, convidados pola Banda de Música da U.V.C.D. de Candeán. Os nosos parabéns ás bandas de Salvaterra e de Candeán pola súa gran actuación, e tamén felicitar aos nosos anfitrións pola estupenda organización do festival e darlles as grazas por convidarnos a este evento. En breve teremos un novo encontro con esta estupenda formación da U.V.C.D. de Candeán.
Sobre estas liñas, dúas imaxes da actuación da Agrupación Musical
de A Guarda na X Primavera Musical de Candeán.
A Banda de Música de Salvaterra finalizando a súa actuación
Momento da actuación da Banda da U.V.C.D. de Candeán
Etiquetas:
Actuacións,
Festivais
miércoles, 2 de mayo de 2018
PRIMAVERA MUSICAL EN CANDEÁN
Etiquetas:
Festivais,
Noticias e avisos
lunes, 16 de abril de 2018
CONCERTO DE PRIMAVERA 2018
O pasado sábado tivo lugar o noso Concerto de Primavera, o primeiro desta tempada. Foi na Casa dos Alonso ás 20:00 h, acompañados dun numeroso público que nos apoiou e animou en todo momento. Unha vez máis agradecemos a vosa presenza e os vosos aplausos. Esperamos que vos gustase a nosa actuación. Vémonos de novo moi pronto!
Aqui tedes algunhas imaxes:
O noso agradecemento tamén á Concellería de Cultura e o Concello da Guarda.
Aqui tedes algunhas imaxes:
O noso agradecemento tamén á Concellería de Cultura e o Concello da Guarda.
Etiquetas:
actividades,
Concertos
miércoles, 4 de abril de 2018
CONCERTO DE PRIMAVERA
Xa estamos de novo con vós, preparados para o inicio da tempada 2018. Estamos preparando novas actividades para este verán, pero para comezar aqui tedes o noso primeiro concerto do ano. Esperamos contar coa vosa presenza!
Etiquetas:
actividades,
Concertos
sábado, 23 de diciembre de 2017
Suscribirse a:
Entradas (Atom)








