sábado, 29 de julio de 2017

CONCERTO POP-ROCK

Esperamos que vos gustase o concerto celebrado onte no porto. Comezou pouco despois das 23.00 h, e aínda que a neboa mollaba un pouco, o numeroso público que se achegou mantívose ata o final seguindo a actuación da nosa banda. Nos sentímonos moi contentos de contar coa vosa presenza e os vosos aplausos. Durante esta actuación especial, estivemos acompañados por un grupo de rapazas e rapaces compoñentes do grupo Xamaraina que bailaron ao son dalgunhas das pezas interpretadas. O noso agradecemento a todos pola súa participación. Agradecemos tamén a participación de Ubaldo (guitarra), Jorge (teclados), Chus (saxo) e Jose Antonio (clarinete).
Queremos dar as grazas tamén a OR.PA.GU. por toda a axuda prestada para facer posible este evento, a Manuel e a Nardi e por suposto, ao Concello de A Guarda.

Moitas grazas a todos vós por asitir e ata a próxima.

Quédanos lembrarvos que o vindeiro día 19 de agosto estaremos na Praza de San Bieito coa celebración da XI edición do Festival de Bandas "Vila de A Guarda". Estades todos convidados!




Podedes ver as fotografías de Lalo Rodríguez no seguinte enlace:   Pozaslalo fotografías





miércoles, 19 de julio de 2017

viernes, 16 de junio de 2017

II AULA DE VERÁN



Apúntate a esta  actividade de verán na que poderás iniciarte na música e na práctica dun instrumento de vento ou percusión. Se non tes instrumento, prestámosche un. Só tes que chamar o teléfono indicado ou enviarnos un e-mail ao enderezo que aparece no cartel. Anímate. Totalmente gratuita!!

lunes, 8 de mayo de 2017

CONCERTO NO RECREO ARTÍSTICO GUARDÉS

Con motivo da celebración do Día da Nai, participamos nos actos que o Recreo Artístico Guardés tiña preparados para esta data ofrecendo un concerto no salón principal desa asociación. Deixámosvos unhas fotos da nosa actuación e esperamos que o pasásedes ben. En breve volveremos con novas actuacións.







lunes, 1 de mayo de 2017

CONCERTO DE PRIMAVERA

Como estaba previsto celebramos o concerto de primavera o pasado sábado día 29, aínda que como o tempo non axudou tivo lugar dentro da Casa dos Alonso que quedou pequena para o numeroso público asistente. Fermoso concerto o que ofreceron os nosos músicos, aos que queremos agradecer o gran esforzo  que tiveron que facer para poder asistir aos ensaios, xa que moitos encóntranse estudando ou traballando fóra da nosa vila. Esperamos que vos gustase tanto como a nós, só lembrarvos que o vindeiro domingo día 7 estaremos no Recreo Artístico Guardés cunha nova actuación. Grazas a todos polo voso apoio e polos vosos aplausos.







martes, 18 de abril de 2017

CONCERTO DE PRIMAVERA

Iniciamos a temporada con novas actividades. Estaremos con vós o vindeiro día 29 na Praza do Reló, ou na Casa dos Alonsos en caso de choiva. Non faltedes. E se non podedes asistir, o día 7 de maio actuaremos no salón do Recreo Artístico Guardés para celebrar o Día da Nai.


miércoles, 21 de diciembre de 2016