jueves, 4 de agosto de 2016

A AGRUPACIÓN XA VOLVEU DA SÚA VIAXE



O pasado sábado 30 de xullo desprazámonos ata Ribadeo para participar no festival de bandas organizado pola banda desa localidade, devolvendo así a visita que nos fixera o ano pasado. Por mor da choiva o concerto celebrouse no auditorio municipal de Ribadeo coa actuación da Banda de Música de As Pontes (A Coruña), a Agrupación Musical de A Guarda e a Banda Municipal de Ribadeo.
O día seguinte continuamos a nosa viaxe ata Pola de Laviana (Asturias) donde actuamos no X Festival Nacional de Bandas de Laviana, xunto coas bandas de Infiesto e Pola de Laviana. Esta última estivera na nosa vila hai tan só dúas semanas, coincidindo coa celebración das festas da Virxe do Carme.
Una vez rematadas as actuacións fixemos un pequeno percorrido pola comunidade asturiana visitando lugares tan interesantes como o Auditorio Palacio de Congresos Príncipe Felipe e o casco histórico da cidade de Oviedo, o Museo del Jurásico de Asturias (Colunga) ou o Museo de la Minería y la Industria (El Entrego).


A Agrupación no Auditorio Municipal de Ribadeo






Banda de Música de Laviana no X Festival Nacional

A Agrupación Musical de A Guarda en Pola de Laviana






A banda en Lugo


Na entrada do Museo de la Minería y la Industria


No Auditorio Príncipe Felipe de Oviedo


Esta actividade foi patrocinada por:

lunes, 18 de julio de 2016

FESTIVAL DE BANDAS NAS FESTAS DA VIRXE DO CARME


O pasado venres día 15 recibimos na nosa vila á Banda de Música de Laviana (Asturias), banda coa que tiveramos un intercambio no ano 2007 cando participou con nós no ”I Festival de Bandas Vila da Guarda”. Agora, nove anos despois temos o pracer de repetir o Intercambio con estes amigos cos que seguimos en contacto desde entón grazas os lazos de amizade creados a raíz daquel primeiro encontro.
 
Nesta ocasión a súa visita coincidiu coas Festas da Virxe do Carme, motivo polo que esta primeira parte do Intercambio quedou incluída dentro da programación de festas. Onte domingo, despedimos a esta formación asturiana coa que pronto volveremos tocar, xa que o vindeiro 31 de xullo a Agrupación Musical de A Guarda desprazarase ata Pola de Laviana para completar este Intercambio, participando no X Festival Nacional de Bandas que organiza a Banda de Música de Laviana. 

Durante o concerto do venres a banda asturiana que actuou en primeiro lugar, recibiu uns agasallos do Concello como recordo da súa visita á nosa vila. O festival finalizou coa actuación da Agrupación Musical de A Guarda. 

O noso máis sincero agradecemento á Comisión de Festas da Virxe do Carme polo apoio que nos mostraron desde o primeiro momento, polo trato recibido e por todo o traballo que realizaron para que este concerto fora posible. 



 A Banda de Música de Laviana durante a súa actuación



Actuación da Agrupación Musical da Guarda na carpa


Esta actividade foi patrocinada por: 

lunes, 13 de junio de 2016

AULA DE VERÁN

 
Apúntate a esta nova actividade de verán na que poderás iniciarte na música e na práctica dun instrumento de vento ou percusión. Se non tes instrumento, prestámosche un. Só tes que chamar o teléfono indicado ou enviarnos un e-mail ao enderezo que aparece no cartel. Anímate. Totalmente gratuita!!

martes, 7 de junio de 2016

CONCERTO SOLIDARIO

 O pasado sábado tivo lugar o Concerto Solidario durante o cal recolléronse alimentos non perecedoiros para entregar a Asociación San Vicente de Paul. Neste concerto estivemos acompañados polo grupo SonGodin's, a quen que agradecemos de corazón a súa desinteresada colaboración na celebración deste evento. Moitas grazas  a todos os que vos achegastes ata a praza co voso donativo para esta causa e grazas tamén o Concello da Guarda e a D. Jesús García Villadóniga que fixo a presentación do acto.