viernes, 1 de abril de 2016
martes, 22 de marzo de 2016
CONCERTO MARCHAS PROCESIONAIS
Este ano organizamos por primeira vez un concerto de marchas procesionais que tivo
lugar o domingo día 20 (Domingo de Ramos) na igrexa parroquial de Santa María,
con moi boa acollida polo público que practicamente
encheu o templo para escoitar a nosa banda, que dirixida como sempre por Víctor Alonso
Treinta, interpretou varias marchas que foron moi aplaudidas. O noso
agradecemento a D. Jesús pola súa colaboración xa que sen a súa axuda non sería
posible a realización deste concerto. Grazas a todos por vir, esperamos que
fora do voso agrado. Verémonos novamente en poucas semanas, xa estamos
preparando a nosa próxima actuación.
Aquí podedes ver un vídeo da actuación gravado polo compañeiro Lalo Rodríguez:
Etiquetas:
Actuacións,
Concertos
miércoles, 9 de marzo de 2016
miércoles, 10 de febrero de 2016
CEA NADAL
![]() |
| Os gañadores coa participación premiada |
Na lotería non tocou nin unha pedrea, pero desexamos que desfrutárades da cea.
Etiquetas:
Noticias e avisos
martes, 12 de enero de 2016
miércoles, 23 de diciembre de 2015
lunes, 30 de noviembre de 2015
CONCERTO DE SANTA CECILIA 2015
O pasado sábado día 28, ás 20:30 h como estaba
previsto tivo lugar o Concerto de Santa Cecilia deste ano. Moito público na
igrexa que desfrutou das actuacións da Banda Infantil, dirixida por J. Antonio Soutelo, e da Agrupación Musical
de A Guarda baixo a batuta, como sempre, de Víctor luís Alonso Treinta.
Foi unha fermosa actuación, cun repertorio totalmente
novo nas dúas bandas, unha mostra do gran traballo que están a facer os
directores, aos que agradecemos a súa dedicación á banda.
O presentador non podía ser outro que o noso párroco
D. Jesús, que como sempre, prestouse a colaborar en todo momento. Entre ás dúas
actuacións procedeuse á entrega da insignia da banda ós músicos da infantil que
pasan a formar parte da banda grande
desde agora. Son os seguintes:
Pablo ponlle a insignia a Aarón
| Marcos Renda Fernández, saxo alto |
Coral colócalle a insignia a Marcos
Jorge foi o encargado de poñerlle a insignia a Nerea
Seguidamente o novo presidente da asociación, David
Álvarez Mariño, entregou un agasallo á
anterior presidenta María Elena Álvarez Silva, á que agradecemos o seu labor e
dedicación durante os anos que ocupou o cargo e a quen desexamos unha longa
traxectoria musical na nosa banda.
| David Álvarez con Elena |
O público ovacionou fortemente ós músicos das dúas bandas que estiveron estupendos. Para rematar, a Agrupación Musical de A Guarda ofreceu unha peza fóra de programa agradecendo así o apoio e os aplausos dos presentes. As nosas felicitacións ós músicos e por suposto, a Víctor e José Antonio, que saben sacar o mellor deste grupo de rapaces e rapazas que forman á agrupación.
Ó remate do concerto o presidente David Álvarez entregou
un agasallo a D. Jesús en nome da Agrupación Musical da Guarda como
agradecemento pola súa colaboración, xa
que sen a súa axuda non sería posible a realización deste concerto.
Grazas tamén a todos os pola vosa presenza, polo voso
apoio e pola vosa fidelidade, esperamos encontrarnos de novo en vindeiros
concertos.
| Momento da actuación da Banda Infantil baixo a dirección de José Antonio |
| O público ateigaba a igrexa |
| A Agrupación Musical de A Guarda durante a súa actuación con Víctor Alonso na dirección |
Etiquetas:
Actuacións,
Concertos
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



